Escudo do Concello Correo Inicio

Praia de Area Pequena

Separada da de Area Grande pola Punta do Petón, trátase dunha pequena cala de menos de 75 metros que presenta cantos na parte traseira a carón do camiño que a comunica con Valcovo. Atópase encaixada na costa pero nunha zona moi batida polo que na preamar das mareas vivas, a praia é inexistente, a non ser pola zona de cantos anteriormente mencionada. Debido a esta disposición entre dous acantilados, as correntes adoitan ser moi fortes e perigosas pero esta proximidade entre os dous cantís proporciona un abrigo moi eficaz ante a existencia de vento de calquera compoñente. Así, trátase dunha praia moi perigosa para o baño pero moi aconsellábel para o descanso e o goce do sol, porque a afluencia que se adoita rexistrar é moi escasa, non rebordando os 50 visitantes, que van ter a seguridade dos membros do único Posto de Socorrismo existente, dependente da base de Area Grande.

Punta do Petón e praia da Ucha, obserbándose tamén o camiño de acceso procedente de Area Grande.

Ademais do acceso xa salientado, procedente de Area Grande, existen outros camiños veciñais que chegan desde distintos lugares da zona: O Rañal, A Catuxa e Figueiroa.