Situada a escasos metros da desembocadura do Río Sisalde, desde a que se accede por un camiño veciñal que pasa a rentes da praia e segue cara a Sorrizo, bifurcándose tamén cara a Chamín.
A súa lonxitude non supera os 100 metros, estando separada na preamar, en dous treitos por un pequeno saínte rochoso.
De tódalas praias do Concello esta é a que presenta as condicións máis axeitadas para o baño debido á inexistencia de correntes e de ondas, polo que ademais é o lugar elixido polos responsables do Servicio de Socorrismo do Concello para situa-la embarcación de rescate, dado que poderá saír facilmente ó mar en caso de emerxencia, non podendo facelo en ningún dos outros posibles enclaves.
A afluencia é escasa pero constante, non superando nunca o cento de visitantes.