Separada na pleamar do areal de Barrañán é unha dos poucos areais nudistas da provincia da Coruña e, sen dúbida, a máis grande da zona, cos seus 300 metros de lonxitude.
Limitada ao NE pola Punta do Compás é unha praia encaixada na costa polo que está relativamente resgardada do vento desta compoñente , que é o máis molesto dos que predominan na comarca. Precisamente é na beira das rochas que marchan cara a Punta do Compás na zona na que existen as correntes máis fortes, facendo moi perigoso o baño, mentres que o resto da praia non presenta máis correntes especialmente perigosas.
É nesta na praia na que a afluencia de visitantes é máis constante, tanto ao longo da temporada de verán coma ao longo da propia xornada, detectándose suaves incremento durante a fin de semana, pero sen seren tan notábeis como na veciña Barrañán. Pódese dicir que a afluencia media é de 500 a 700 persoas, que se achegan á praia na súa maioría procedentes das proximidades da Coruña e que o fan, polo tanto, a través da CP.0514 de Arteixo a Caion, en cuxo punto quilométrico 3.5 se atopa o camiño de baixada á praia.
Ao remate do camiño de baixada, sobre a falda do monte baixo no que se sitúa a praia, localízase a Base de Primeiros Auxilios na que están os dous socorristas que prestan servizo neste posto. Ao seu lado ademais atópanse os servizos sanitarios portátiles, non existindo duchas nesta praia debido á imposibilidade de traer auga corrente ao lugar e á falta de mananciais de auga que canalizar para tal fin.