Escudo do Concello Correo Inicio

Santa María de Pastoriza

  • Situación: Santuario de Pastoriza
  • Parroquia: Pastoriza
  • Denominación: Igrexa de Santa María
  • Cronoloxía: S.XVII
  • Estilo: Barroco

De orixe románica pero actualmente é unha igrexa barroca, do século XVII, de unha soa nave e cun presbiterio que ten forma de ábsida semicircular románica, reminiscencia da antiga igrexa medieval sobre o solar onde se reconstruíu esta. Acubilla unha imaxe da Virxe que data do século XIII. Sobre unha porta tapiada do muro norte conserva un tímpano, ao parecer do século XIV, coa Virxe sentada co Neno e os restos dunha inscrición de lectura difícil.

A imaxe da Virxe tan venerada é moi antiga. Primitivamente estaba sentada e a cabeza era distinta á que ten actualmente. Na fachada do actual santuario salientan as imaxes de San Pedro, San Paulo e a Asunción da Nosa Señora sobre a porta. Nun lugar máis elevado están as imaxes de Santa Bárbara, San Xosé e San Xoán Bautista. A Virxe de Pastoriza áchase no centro do retablo. Na sancristía consérvanse curiosos cadros cos exvotos de moitos fieis polos milagres realizados pola Virxe, sobre todo no mar.

Igrexia de Pastoriza - vista lateral

Unha importante lápida sepulcral, cunha inscrición do ano 881, consérvase na Casa Rectoral, un antigo e curioso capitel con "follas de espadana", aproximadamente do século IX así coma unhas doelas dunha arquivolta tórica, románica, do século XII.

Igrexia de Pastoriza - vista frontal

Un camiño conduce desde o Santuario de Pastoriza ao Monte do Cruceiro onde hai unha imaxe, o "berce da Virxe" e un montón de pedras, lugar onde estivo agachada a Inmaculada. Os romeiros dan tres voltas ás pedras, despois pasan por debaixo das mesmas e bican a imaxe da Santa. Este lugar ten unhas espléndidas vistas e lendas coma a da "Silla do Rei", unha pedra parecida a unha cadeira onde seica se sentaba o rei suevo Rechiario para contemplar Suevos, a súa vila.

Outras informacións sobre a igrexa: