Escudo do Concello Correo Inicio

San Tirso de Oseiro

  • Situación: Igrexario de Oseiro
  • Parroquia: Oseiro
  • Denominación: Igrexa de San Tirso
  • Cronoloxía: S.XII
  • Estilo: Románico

A primeira referencia documental de Oseiro aparece no ano 830 como consta na encomienda de Faro, segundo descrición de Tructinio.

Esta igrexa, de estilo románico, (1161-64) posúe, entre os canzorros que sosteñen o tornachoivas, un no cal se representa un cáliz con hostia que pode ser a representación máis antiga que se coñece do escudo de Galiza. Conserva dúas inscricións históricas referentes á construción e consagración da mesma, unha da segunda metade do século XII, na fachada, e outra mutilada, no interior da ábsida, de principios do XIII, referente á consagración.

É dunha nave, cuberta de madeira, con ábsida rectangular agregado a un corpo de presbiterio cuberto de bóveda de canón semicircular, sobre dous arcos da mesma directriz, apoiados sobre semicolumnas arrimadas; os contrafortes do exterior da ábsida únense en arcos semicirculares; no testeiro da nave hai un pequeno rosetón de molduras e arquiños semicirculares e no fondo da ábsida atópase unha xanela cega.

No adro hai dous sarcófagos, un antropoide e o outro cunha interesante cuberta das chamadas de "estola", con curiosos relevos.

Igrexia de Oseiro