Consta de unha soa nave, cunha ábsida rectangular cos contrafortes unidos en dous arcos semicirculares.O fondo da ábsida ten unha xanela románica, de arcos de medio punto, moi cegada. No prebisterio éntrase por un arco triunfal apuntado sobre semicolumnas acaroadas. No muro sur da nave hai unha porta de arco semicircular antiga. Conserva unha boa e variada colección de canzorros.
A orixe románica desta igrexa é apreciábel no muro norte onde aínda podemos ver os contrafortes orixinais e as esculturas de formas zoomórficas. Tamén no muro sur permanecen os arcos cegados de datas anteriores. Esta igrexa sufriu importantes modificacións no século XVIII, algunhas delas tan desafortunadas como a sacristía anexa ao muro sur.
| Anterior | Introducción | Seguinte |