É un exemplar románico do século XII e principios do s. XIII. Ten unha soa nave con ábsida rectangular. Posúe un arco triunfal apuntado sobre semicolumnas acoroadas e, tanto a portada principal coma a do muro sur, teñen arquivoltas semicirculares sobre columnas codilladas. A ábsida cóbrese con bóveda de canón apuntado.
Posúe dúas portas románicas, unha no lateral e outra na fachada frontal, esta última bastante curiosa pola decoración a base de elementos circulares, que lle proporcionan un aspecto particular en relación a outras portas existentes na zona. É un exemplo de igrexia parroquial da comarca.
| Anterior | Introducción | Seguinte |