Aprobado polo Pleno da Corporación de data vinte e sete de maio do ano 2004.
Publicado no BOP núm. 228 de data un de outubro do ano 2004.
AXUDAS PARA A INSERCIÓN SOCIAL-EMERXENCIAS SOCIAIS
O Concello de Arteixo, asumindo as competencias que establece o Artigo 25.2 K da Lei Reguladora das Bases do Réxime Local e seguindo o establecido no Artigo 80 da Lei 5/1997 de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia e nos Artigos 4 e 8.3 da Lei 4/1993, do 14 de abril, de Servizos Sociais da Comunidade Autónoma de Galicia, procede a establecer a normativa que establece a regulación básica das prestacións para a Inserción social-Emerxencias Sociais destinadas a persoas ou familias que se atopen en situacións carenciais.
A axudas para a inserción social-emerxencias socias constitúen unha prestación económica ou en especie de carácter urxente e extraordinario, destinada a paliar situacións carenciais e transitorias imprevistas ou excepcionais, así como para previr o agravamento das mesmas.
A presente normativa regula a concesión e tramitación das axudas ás persoas residentes no Concello de Arteixo que cumpran os seguintes requisitos:
Acreditar unha residencia no Concello de Arteixo con unha antigüidade mínima de 6 meses, como norma xeral.
No caso de emigrantes retornados, non é preciso acreditar esta antigüidade
Persoas ou familias derivadas por outros Centros de Servizos Sociais.
Transeúntes para sufragar gastos de aloxamento e manutención durante 1 día. Os casos de aloxamento entenderanse excepcionais, cando sexa por motivos de enfermidade ou de forza maior.
Poderanse beneficiar destas axudas as persoas individuais ou unidades familiares no mesmo domicilio. Entendemos por unidade familiar o núcleo de convivencia, composto por dúas ou máis persoas vinculadas por matrimonio ou outra forma de relación estable análoga á conxugal, por parentesco de consanguinidade ata o segundo grado e por afinidade ata o terceiro grado.

Na unidade familiar tan só unha persoa pode ter a condición de beneficiario, aínda que se outorguen en beneficio da unidade familiar
Poderán ser titulares do dereito e nos límites económicos que permitan as consignacións presupostarías as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
c.-1) Ser maior de idade ou menor emancipado con cargas familiares
c-2) Carecer de ingresos anuais inferiores subsidio por desemprego que se fixe anualmente, incrementado nun 10% por cada un dos membros da unidade familiar. Para efectos do cómputo dos ingresos para o recoñecemento da prestación, terase en conta a base impoñíbel da derradeira declaración da Renda das persoas físicas, previa aplicación ó mínimo persoal e familiar do imposto; e cando non sexa obrigatorio realizala, acreditará ingresos anuais inferiores ao límite establecido a través de nóminas, certificados do INEM, certificados da Seguridade Social sobre vida laboral ou percepción de pensións, certificación de xuros bancarios ou derradeiros movementos bancarios e calquera outra que se considere necesaria para a acreditación dos recursos económicos familiares
c-3)Poderanse beneficiar destas prestacións os/as transeúntes, os/as estranxeiros, os/as refuxiados, os/as asilados e os/as apátridas
Para os efectos ten a consideración de ingresos a suma da parte xeral máis a parte especial da base impoñíbel, previa á aplicación do mínimo persoal e familiar do Imposto sobre a renda das persoas físicas
Entenderanse como ingresos da unidade familiar os recursos económicos de todos e cada un dos membros da unidade familiar do seguinte xeito:
Ingresos do titular do dereito e cónxuxe o 100% dos ingresos
No caso da existencia doutros familiares, segundo o expresado no artigo 3º a), computarase o 50% dos mesmos.
No caso de existencia de propiedades de natureza rústica ou urbana estudiarase en cada caso segundo as posibilidades reais de alleamento, aluguer ou calquera outra circunstancia que poida concorrer.
No caso de existencia de recursos dinerarios depositados en contas bancarias, teranse en conta os xuros retribuídos e computarase asemade o 60% da cantidade depositada.
Para o cómputo final dos ingresos descontaranse os alugueres, sempre e cando non superen 240€ ao mes, as hipotecas das vivendas sociais e o 50% do pago da hipoteca da vivenda habitual
4.1.-Estas prestacións tenderán a cubrila financiación total ou parcial dos seguintes gastos:
Situacións de ingresos insuficientes, caracterizados por unha situación temporal de insuficiencia de recursos económicos para cubrilas necesidades primarias
Situacións de necesidades provocadas por catástrofes, epidemias, intoxicación caracterizadas por unha dificultade de satisfacer as necesidades primarias debido a un acontecemento de carácter imprevisto e excepcional que impida cubrilas por medios habituais.
4.2.- A valoración das situacións anteriores virán á súa vez determinadas en función dalgunhas necesidades sociais e con carácter xeral serán as seguintes:
- Nutrición insuficiente
Carencia de vestimenta básica
Gastos de medicación
Integración social
Problemática da vivenda
Catástrofe ou accidente
Impago de aluguer ou subministro (os casos de hipoteca serán valorados naqueles casos que supoña a perda inminente da vivenda)
Condicións de habitabilidade inadecuadas
Barreiras arquitectónicas
Establécense como norma xeral as seguintes contías:
Alimentación: Tres meses consecutivos ou ben unha vez cada dous meses ó longo do ano.
Establécese unha contía de 50€ por persoa incrementándose en un 15% por cada un dos membros da unidade familiar, ata un tope máximo de 200€
Leite maternizada: Tres meses consecutivos ou ben unha vez cada dous meses o longo do ano ata un tope máximo de 300€
Vestiario básico: 150€ ó ano, sobre todo cando os beneficiarios sexan menores.
Medicación: 3 meses consecutivos ou ben unha vez cada dous meses ó longo do ano ata un tope máximo de 300€
Gastos de vivenda: O importe total que en ningún caso excederá de 240€ no prazo de 1 ano.
Impago de subministro: Ata un tope de 150€ no prazo de 6 meses.
Condicións de habitabilidade: Ata un tope de 300€ no prazo de un ano.
Barreiras Arquitectónicas: ata un tope máximo de 900€ no prazo de 3 anos.
Bono- bus: Para asistir a tratamentos rehabilitadores de toxicomanías, ata un máximo de 2 anos, prorrogable nun ano en casos moi específicos e que a situación socio-sanitaria informada polo centro rehabilitador o considere imprescindible. En caso de desprazamentos fóra da Comunidade Autónoma o importe do billete ata un máximo de 150€, e como máximo 2 veces nun período de dous anos, ata un máximo de tres axudas.
Para o primeiro mes de traballo ou ben inserción socio-laboral o custo real ata un tope de 150€ desprazamento fóra da bisbarra da cidade.
Axudas para o pago de actividades socio-culuturais: que sexan precisas para a integración social, ata un tope de 100€ ó ano.
O tope máximo por tódolos conceptos anteriores non superará 750€ ó ano.
Becas de libros e material escolar de acordo co seguinte cadro:
Establécense as seguintes axudas:
|
Educación Infantil |
Educación primaria |
Educación secundaria |
|
60€, por fillo ata un tope máximo de 180€ |
90,15 por fillo ata un tope máximo de 300€ |
90,15 por fillo ata un tope máximo de 300€ |
Os beneficiarios/as destas axudas terán as seguintes obrigas
A destinar as axudas para o fin que foron outorgadas
A permitir e facilitar a labor das persoas designadas para verificar a súa situación familiar e económica
O cumprimento das condicións que poidan establecerse ou acordarse na concesión das prestacións, para que poidan superala súa situación de necesidade
Escolarizar os menores que se encontren en idade escolar obrigatoria
Non se poderá ser beneficiario simultaneamente de máis dunha prestación para a mesma finalidade, calquera que sexa a administración pública ou privada outorgante. Poderán concederse axudas cando as prestacións económicas dos outros servicios ou administracións non cubran a totalidade do importe da prestación
Así mesmo poderanse anticipar as axudas concedidas por outras administracións que a/o beneficiaria/o outorgue o seu pago posterior ó Concello de Arteixo.
O interesado en obter unha axuda das reguladas no presente Regulamento deberá presentar a correspondente solicitude perante o alcalde –Presidente do Concello, achegando coa mesma a documentación que xustifique a súa situación carencial.
Recibida a solicitude nos Servizos Sociais do Concello emitirase o correspondente informe-proposta, no que se valorará debidamente a situación acreditada documentalmente e se cuantificará o importe da axuda.
Unha vez completo o expediente e remitido o correspondente informe, logo da fiscalización da intervención municipal, será presentado perante o Alcalde-Presidente ou, por delegación, perante a Xunta de Goberno Local, para que sexa dictada a correspondente resolución.
Sen prexuízo da tramitación recollida nos párrafos anteriores, a coordinadora de Servizos sociais poderá aboar a axuda , unha vez emitido o correspondente informe-proposta, mediante a utilización do anticipo de caixa fixa disposto para tal fin, consonte co disposto nas Bases de execución do Orzamento e na resolución pola que se autorizou a constitución de dito anticipo.