Aprobado polo pleno da corporación de data catorce de suyo de 2003.
Publicado no BOP nº 227 de data 2 de outubro de 2003
A presente normativa ten por obxecto regulalo funcionamento do Complexo Residencial asistido ou semiasistido para ancianos "Monticaño".
O Complexo Residencial asistido ou semiasistido inclúese dentro do sistema de servicios sociais municipais cun enfoque de atención especializada dirixida ó colectivo de vellez para o desenvolvemento das prestacións que se definen e tendo como usuari@s a aquelas persoas que reúnan as condicións para o acceso ó centro.
O Complexo Residencial "Monticaño" é un centro que ofrece 150 prazas de atención e vivenda permanente en réximen de aloxamento estable e común para persoas maiores con distintos estados, no que se presta asistencia integral e continuada e que se planifica según os seguintes niveis:
De xeito complementario, o complexo residencial ofrece 24 apartamentos tutelados dirixidos a persoas maiores válidas que, aínda podendo continualas súas actividades cotiáns, precisan e optan pola utilización de servicios comúns que se ofrecen dentro do recurso como alternativa ó desamparo e anomia que poidan sufrir. O réximen utilizado nestes casos é o de aluguer.
O Complexo Residencial "Monticaño" leva a cabo as seguintes prestacións de servicios:
Tal e como se define na Lei 4/1993, de 4 de abril, de servicios sociais (artigo 34º), @s usuari@s dos centros prestadores de servicios sociais están vinculad@s polos seguintes dereitos e deberes:
As especiais características do recurso regulado na presente normativa, fan obrigatorio que, ademais dos dereitos e deberes xerais dos centros prestadores de servicios sociais, deben regularse aqueloutros específicos de aplicación ás situacións que así o requiran:
As normas xerais de aplicación no centro rexirán e serán de aplicación en tódalas intalacións consideradas como propias do complexo residencial e son as seguintes:
A organización e funcionamento do centro garantirán os dereitos fundamentais e axustaranse ós seguintes principios:
O máximo responsable do funcionamento do centro é a Dirección , coas seguintes atribucións:
Para a optimización do funcionamento interno, o centro articularase organizativamente en áreas e unidades con funcións definidas para cada unha e que son, de forma xeral, as seguintes:
O centro establece un sistema de recepción e acollida dos residentes co fin de que a adaptación sexa o máis rápida posible, facilitando a superación dos problemas iniciais. Para iso, articúlase do seguinte xeito:
Poderán ser beneficiarios, de xeito xeral, os que presenten as seguintes circunstnacias:
@s usuari@s do centro contribuirán á financiación da praza según as condicións económicas que acrediten e que se valorarán de xeito individual aplicando os criterios que ó efecto se estipulan e tendo en conta os precios aprobados pola administración.
O período impositivo coincidirá co mes natural, salvo cando se trate de inicio ou cese da prestación do servicio. Neste caso o período impositivo comenzará ou finalizará, según corresponda, o día no que se produza o inicio ou cese.
As cuotas determinadas pola aplicación de tarifas serán irreductibles. No caso de estancias temporais con períodos liquidatorios inferiores a un mes, o importe reducirase proporcionalmente ó numero de días de estancia.
Para as prazas dentro do complexo residencial para prazas en residencia, establécense as seguintes tarifas mensuais:
Cando @ adxudicatari@ acredite a percepción de pensión de xubillación na modalidade de non contributiva e, mediante a documentación correspondente, se comprobe que non percibe ningún outro tipo de ingresos, e o solicitante non teña posibilidade de acceder a vías de cofinanciación, o custo da praza a abonar pol@ beneficiari@ será de 245,20 mensuais, debendo aplicarse o custo ás 14 pagas que se perciben..
Para as prazas de aluguer en apartamentos, estarase ó disposto no Decreto 199/ 2002, de 6 de xuño, polo que se establecen as axudas públicas en materia de vivenda a cargo da Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a xestión das previstas no Real Decreto 1/2002, do 11 de xaneiro , según as condicións de acceso que no mesmo se regulan e tendo a consideración de aloxamentos declarados protexidos destinados a persoas maiores de 60 anos sempre que os seus ingresos ou os da unidade familiar non superen 5,5 veces o SMI. O artigo 24º do Decreto resañado, estipula as condicións dos arrendamentos que deben aplicarse en función da situación sociofamiliar dos arrendatarios. A duración e prórrogas dos contratos de aluguer rexerase polo establecido na vixente lei de arrendamentos, coas variacións que no mesmo se concreten.
Cando se oferten servicios de estancias temporais ou atención diurna, as tarifas estableceranse polo Pleno da Corporación previo informe técnico e proxecto específico que se achegará no que se concretarán as condicións de acceso, perfil d@s usuari@s, custos, vías de financiación e persoal.
O pago do precio esixirase en réximen de autoliquidación da seguinte forma:
O pago efectuarase mediante domiciliación bancaria a cargo do titular da conta designada para o cobro da pensión.
O impago suporá a anulación da inscrición.
As prazas conveniadas a través de documento suscrito coa Consellería responsable do Goberno da Comunidade Autónoma suporá a reserva das mesmas e a súa ocupación está sometida ás condicións que a mencionada administración estipule. Dentro do complexo residencial, terán prioridade os convenios dirixidos a cubrir prazas destinadas á atención integral das persoas con graves afeccións físicas, psíquicas ou sensoriais que lles impidan realizalos actos elementais da vida diaria e necesiten axuda dunha terceira persoa.
Para aquelas prazas que se convenien, será a administración autonómica a que establece o prezo da praza/día según criterios previamente establecidos (situación do inmoble, equipamentos, persoal, tipoloxía dos servicios, calidade na atención,...).
Para as prazas conveniadas coa Administración Autonómica, os beneficiarios participan no financiamento do custo da praza mediante abono do 75% no caso de usuari@s de residencias e do 60 % no caso de apartamentos tutelados. O cómputo realízase según os seus ingresos totais mensuais percibidos, excluíndose as gratificacións extraordinarias. En ningún caso a aportación poderá superar proporcionalmente a cantidade fixada como custo da praza/día.
As prazas reservadas son aquelas que están asignadas a un/unha beneficiri@ pero que non está ocupada por causas xustificadas (internamento hospitalario,...) sendo o seu custo o 30 % do estipulado para a ocupación de praza.
A delegación correspondente, logo da xustificación das cantidades pagadas polos benenficiarios, procederá ó abono da diferencia entre a cantidade satisfeita e o custo da praza.
As ausencias dos residentes, voluntarias ou obrigadas (internamentos en centros especializados), de duración igual ou inferior a catro días por mes, non minorarán o importe da cuota. A partir do quinto día, e sempre que sexa por causa xustificada e previa autorización da dirección, a contía reducirase ata un 30% aplicado a eses días e imputado ó que resultaría do custo diario establecido.
Terán a consideración de faltas as que se clasifican a continuación con determinación da súa gravidade:
Prodúcese reincidencia cando o responsable da falta xa fora sancionado mediante resolución firme pola comisión doutra falta da mesma natureza no prazo de tres meses no caso de faltas leves, seis meses para as graves e nove meses para as moi graves, a contar desde a notificación daquela.
A prescrición de faltas estipúlase nos seguintes prazos:
O prazo empezará a contar desde o día en que a falta se tivera cometido e poderá interrumpirse por calquera acto propio do expediente ou preliminar que poidera instruirse e, no seu caso, sempre que a duración deste non supere o prazo de nove meses sin mediar culpa d@ residente interesado.
Sin prexuízo doutras respondabilidades a que houbera lugar, as sancións a aplicar @s residentes que incurran nalgunha das faltas señaladas son as seguintes:
As sancións por faltas leves serán impostas pola dirección do centro.
As sancións por faltas graves e moi graves serán impostas pola Grupo Mixto de Seguemento nomeado ó efecto, previa proposta pola dirección do centro.
Nos casos de risco inmediato para a integridade física d@s residentes ou do persoal do centro, a dirección poderá, mediante decisión motivada, adoptalas medidas cautelares que resulten necesarias para aseguralo mantemento da seguridade nas instalacións.
A imposición de calquera sanción deberá vir precedida da audiencia ó/á interesado/a e á Xunta de Residentes que emitirá informe sobre a mesma.
Calificadas as infraccións, as sancións graduaranse tendo en conta: grado de intencionalidade, natureza dos prexuízos causados, reincidencia, neglixencia, circunstancias personais, gravidade dos feitos, actidude do infractor.
O procedemento a aplicar será o seguinte:
O presunto responsable terá constancia por escrito dos feitos que se lle imputan, das infracción que implican e das sancións que poideran aplicarse.
O órgano correspondente porá en coñecemento do interesado, da dirección do centro e da Xunta de Residentes da resolución adoptada no expediente disciplinario iniciado.
Contra a sanción imposta, e sen prexuizo das accións civís ou penais que se inicien, poderá interpoñerse recurso ordinario ante a administración responsable.
As sancións impostas @s residentes serán rexistradas no expediente persoal unha vez que sexan firmes. Quedarán canceladas, salvo nos casos de expulsión do centro, sempre que a dirección e a Xunta de Residentes consideren que a persona sancionada observa un normal funcionamento durante os períodos que se especifican contados desde a data en que finalice a sanción imposta:
En todo caso, as persoas sancionadas por faltas graves ou moi graves non poderán exercelo sufraxio activo nin pasivo nos procesos electorais mentras non se cumpran os prazos establecidos como de cancelación dos rexistros.
O presente Regulamento terá vixencia ata que se deban incorporalas variacións derivadas da aprobación de lexislación reguladora e para a revisións das tarifas establecidas en función das subidas que deban aplicarse anualmente.
O Pleno da Corporación revisará tódalas enmendas e variacións que se efectúen e engadiranse o Regulamento como ADDENDAS".
En Arteixo, a 25 de setembro de 2003.
O ALCALDE
Por Delegación resolución 1009/03
Asdo.: ISABEL VILA VILAS
PRIMEIRA TENIENTE DE ALCALDE