Aprobouse inicialmente o REGULAMENTO DO COMEDOR ASISTIDO DO CENTRO DE MAIORES, polo pleno da corporación de data vintecatro de abril de 2003.

Publicado no BOP nº 190 de data vinte de agosto de 2003.


REGULAMENTO DO COMEDOR ASISTIDO DO CENTRO DE MAIORES "A BAIUCA"

CONCEPTO

O comedor asistido é un servicio complementario do Centro A Baiuca destinado ás persoas que cumpran os requisitos necesarios para ser usuario dese centro, aínda que non é preciso asistir ó mesmo. Así mesmo, é tamén un servicio complementario da Axuda a domicilio que pode servir para reducir horas de traballo no domicilio destinadas á elaboración de comida ou compra, (Comedor a domicilio).

Está asistido por profesionais e consiste en servir comidas xa elaboradas, ben no propio domicilio do beneficiario ( para os usuarios de SAD) ou ben no centro de maiores.

Quedan excluídas deste servicio as dietas alimenticias específicas.

Está prohibido o uso de alcohol.

O comedor conta con 25 prazas dispoñibles inicialmente; para o comedor a domicilio o límite sitúase en 15 racións.

1. OBRIGADOS Ó PAGO

Están obrigadas ó pago as persoas físicas beneficiarias e usuarias do servicio.

Cando por causas non imputables ó beneficiario non se preste o servicio, o Concello devolverá o importe correspondente.

Para continuar como usuario deste servicio será condición necesaria estar ó corrente dos pagos. A débeda suporá a baixa na prestación do servicio.

Entenderase como servicio prestado aquel que se realice realmente ou que non se puidera realizar por causas imputables ó beneficiario.

2. PREZO

O prezo/comida establécese en 5 € , considerado o prezo equivalente ós custos de mantemento deste servicio.

O importe mensual de cada usuario será o resultado de multiplicar as comidas solicitadas cada mes polo prezo/comida establecido.

O beneficiario ten dereito a unha subvención sobre o prezo/comida en función da renda per cápita que posúa, que en ningún caso superará o prezo mínimo establecido que son 2 €.

Ademais da subvención descrita os usuarios que soliciten a comida para un mes natural completo gozarán dunha reducción no prezo total do 10 % , que se aplicará no momento de efectuar o pago.

O ingreso farase na Caixa do Concello ou ben na conta bancaria que o Concello ten aberta na entidade Caixa Galicia.

O "Comedor a domicilio" contará ademais cun custo engadido de 1,50 € por día para todos os beneficiarios, independentemente da subvención por comida. (O Concello subvenciona a cada beneficiario 0,50 € )


TÁBOA DE SUBVENCIÓN POR RACIÓN
RENDA PER CAPITA PAGA PREZO A DOMICILIO
Ata o 100% do importe da PNC (ata 313,56 €) Mínimo 2 € 2 + 1,50 €
Máis do 100% ata o 140% da PNC (Máis de 313,56 a 438,98 €) 40% 3 € 3 + 1,50 €
Máis do 140% ata o 175 % da PNC (Máis de 438,98 a 548,73 €) 70% 4 € 4 + 1,50 €
Mías do 175% da PNC (Máis de 548,73 €) 100% 5 € 5 + 1,50 €

Os prezos recollidos nesta táboa poden ser revisados en función dos custos do servicio e, como mínimo, revisaranse anualmente en función do Índice de Prezos ó Consumo que publique o Goberno Estatal.

3. HORARIO

O comedor funcionará de luns a venres, a excepción dos días festivos ou declarados non laborables polo concello. O horario de comedor establécese de 13 a 14 h, e de 14 a 15 sempre que exista número suficiente de usuarios para establecer dúas tandas.

A comida a domicilio servirase entre as 13 h e as 14:30 h.

4. NORMAS DE XESTIÓN

Todas aquelas persoas que dispoñen do "Carnet do Centro A Baiuca", poden solicitar o comedor no mesmo centro, cunha antelación mínima de 24 horas. A renuncia ó servicio debe facerse no mesmo centro e coa mesma antelación de 24 horas. De non avisar coa antelación de 24 horas o Concello cobrará a comida como se realmente se servira.

Nos casos subvencionados o beneficiario achegará obrigatoriamente a documentación que xustifique a súa situación económica:

Esta documentación actualizarase cada ano.

O prezo aboarase nos 10 primeiros días do mes natural seguinte, segundo se recolle no presente regulamento.

As solicitudes deberán presentarse dentro do mes natural ou ben nos últimos 5 días naturais do mes anterior.

Para o " comedor a domicilio" é necesario ser beneficiario da axuda a domicilio. A solicitude dirixirase á dirección do SAD municipal que xestionará tanto a tramitación, como a posible subvención e o pago do servicio.

O Concello poderá establecer un baremo de selección de presentarse máis solicitudes que prazas dispoñibles. Neste caso tomarase en conta:

Así mesmo, o Concello poderá cerrar o comedor de non acadarse un número mínimo de usuarios por mes, que se cifra en 15".

En Arteixo, a 5 de agosto de 2003.

O ALCALDE

Por delegación, Decreto 1009/03.

Asdo.: ISABEL VILA VILAS

PRIMEIRA TENIENTE DE ALCADE