Aprobado polo Pleno da Corporación de data 27 de xuño de 2002.
Publicado no BOP núm. 223 de data 27 de setembro de 2002.
O presente Regulamento ten por obxecto establecer as normas de funcionamento do Centro Servicios Sociais do Concello de Arteixo e cumpre o marco legal que regula na Comunidade Autónoma Galega o Sistema Público de Servizos Sociais a través da Lei 4/1993, do 14 de abril, de Servizos Sociais
O Centro municipal de Servizos Sociais do Concello de Arteixo é un equipamento básico do sistema público de servizos sociais no ámbito municipal, dirixido a prestar servizos sociais de carácter xeral a toda a poboación residente no seu ámbito de actuación
Constitúen o ámbito de aplicación de presente norma os centros municipais que se especifican a continuación:
As características fundamentais dos centros son as seguintes:
Os usuarios/ as teñen os seguintes dereitos e deberes nos centros que deberán respectar:
@s usuari@s son responsables do bo uso e normal funcionamento dos obxectos comúns, coidando da súa conservación e respondendo, no seu caso, dos prexuízos que causaran por neglixencia ou de forma intencionada.
Tódol@s usuari@s poderán opinar e presentar suxestións para mellorar o funcionamento do centro sempre que redunden no beneficio de tod@s. Ditas suxestións poderán presentarse nunha caixa de suxestións instalada para o efecto en cada centro.
Os conflitos ou desacordos que poidan xurdir na convivencia no centro, resolveranse, en primeiro termo, coa mediación dos profesionais do centro, os cales tenderán a manter a maior harmonía entre @s usuari@s. No caso de que non se lograse a resolución, convocarase a "mesa de seguimento" para o estudio do caso, adoptándose as medidas disciplinarias correspondentes e que se recollen neste regulamento (Cap. 2.- Réxime Sancionador).
De xurdiren conflitos que a xuízo do persoal responsable desen lugar a unha situación de alteración da convivencia con perigo para a seguridade das persoas ou dos bens e que non puidesen solucionarse cos medios do propio centro, solicitarase a intervención das forzas de seguridade.
O centro non se responsabiliza das perdas de cartos ou obxectos de valor. En todo caso , se @s usuari@s os traen consigo, quedarán baixo a garda e responsabilidade exclusiva do seu propietario.
Agás no caso de cans-guía, non se permite a entrada no centro de animais de ningún tipo.
Non se permite consumir alcol ou calquera outra substancia estupefaciente no centro, nin alimentos, agás naqueles lugares e tempos expresamente permitidos pola persoa nomeada polo Concello como responsable do centro.
@s nen@s menores de idade que utilicen as instalacións do centro, estarán baixo a responsabilidade exclusiva dos seus pais/nais/titor/a, que son os responsables de explicarlles aos seus fillos/as ,tutelados/as, as normas de funcionamento do centro, así como do uso que se lle debe dar a tódolos obxectos e aveños que se encontren no mesmo a disposición d@s usuari@s. A tal efecto, os pais/nais/titor/a, deberán cubrir o impreso de autorización, cando @s menores participen en actividades programadas e desenvoltas no centro.
Para a utilización dos materiais a disposición do público o persoal responsable definirase a metodoloxía a utilizar, adaptándose ás propias características de cada equipamento. En todo caso, cando se estime oportuno poderán utilizarse os protocolos estipulados para o efecto (ver anexo: "préstamo de material"). @ usuari@ deberá facerse responsable da correcta utilización do material e será quen deba reintegralo para a súa revisión, devolvéndoselle o documento de préstamo.
A manipulación dos distintos elementos que forman parte do equipamento dos centros (televisor, vídeo, equipo de música, persianas, etc,.), corresponderalle sempre á persoa autorizada pola coordinación do centro, cando o requira o usuario. Nos centros onde exista material compartido de titularidade de entidades sociais alleas ao ente local, estableceranse procedementos de utilización e responsabilidade recollidas nos convenios de colaboración que se establezan para o efecto.
Quedan expresamente prohibidas as actividades con fins lucrativos nas instalacións do centro. Non obstante, o Concello poderá autorizar aquelas que se realicen por entidades sen ánimo de lucro e que supoñan achega económica dos participantes como cofinanciación de gastos xerados pola propia actividade . Cando se produzan casos de especial consideración, a coordinación emitirá informe valorativo co dictame que corresponda.
@s nen@s menores de oito anos que non participen nas actividades organizadas ou programadas no centro, deberán acudir e permanecer no centro na compaña dos seus pais/ nais/ titor/ a.
As entidades ou asociacións que utilicen as instalacións do centro a través do servizo de "solicitude de locais" (ver anexo correspondente) responsabilizaranse de deixar o mobiliario e material nas mesmas condicións que antes do seu uso, así como asumir o custo que supoña a reparación de desperfectos que no mesmo puidesen producirse por un uso inadecuado. As solicitudes de locais municipais dependentes do Centro de Servizos Sociais deberán formalizarse segundo modelo establecido (ver anexo 2)
O incumprimento das normas xerais sinaladas no capítulo anterior, levará consigo a aplicación dunha serie de sancións que configuran un réxime disciplinario sancionador, coa finalidade de garantir a normal convivencia entre @s usuari@s do centro.
O incumprimento das normas constituirá unha falta, que ocasionará unha sanción que variará segundo a gravidade da mesma. Con carácter xeral as faltas poderán ser "leves" ou "graves".
Terán a consideración de faltas "leves" as seguintes:
Terán a consideración de faltas "graves" as seguintes:
As sancións previstas para as faltas leves son as seguintes:
As sancións previstas para faltas graves son as seguintes:
Establécese, como regra xeral, a necesidade da instrucción dun expediente para a imposición de sancións por faltas graves, pero dispénsase da súa instrucción para a imposición de sancións por faltas leves.
En canto ao procedemento sancionador, estarase ao previsto no Título X da Lei 30/ 92 (art. 127 ó 138) e no R.D 1.398/ 93, do 4 de Agosto mediante o que se aproba o Regulamento do Procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.
O expediente que se instrúa para o efecto constará das seguintes fases:
O escrito de alegacións presentarase no Rexistro Xeral do Concello, acompañado de instancia. Deste xeito, existirá constancia do escrito coa data exacta de entrada.
Recibido o escrito de alegacións , ou ben transcorrido o prazo de 15 días que se sinala no parágrafo primeiro deste artigo, abrirase o período de proba, e practicaranse todas aquelas que foran propostas.
A presentación do escrito de alegacións por parte d@ usuari@ non suspende o cumprimento da sanción imposta.
Constituirase "mesa de seguimento" para o estudio de alegacións, dándose audiencia ao interesado. Este órgano estará constituído por:
Co fin de dispoñer de tódolos datos necesarios para cumprir os procedementos marcados nos casos de infraccións, establecerase un "rexistro de Incidencias" en cada centro dependente do Centro de Servizos Sociais que estean sometidos a este Regulamento de Réxime Interno.
O presente Regulamento, despois de ser aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación e publicado no Boletín Oficial da Provincia, entrará en vigor unha vez que teña transcorrido o prazo de quince días previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, de Bases de réxime local".