Aprobado polo Pleno da Corporación de data vintesete de decembro do ano 2001.

Publicado núm. BOP núm. 56 de data oito de marzo do ano 2002.

Corrixida polo Pleno da Corporación de data vinteoito de febreiro do ano 2002 e publicada no BOP núm. 132 de data once de xuño do ano 2002, modificación que se incorpora como ANEXO I.


ORDENANZA DE PASOS

CAPÍTULO I

DISPOSICIÓNS XERAIS

Artigo 1.- Obxecto e ámbito de aplicación.

CAPÍTULO II

DEREITO DE PASO E MODALIDADES

Artigo 2.- Titulares das licenzas de paso.

Poderán ser titulares de licenza de paso os titulares ou arrendatarios de :

Artigo 3.- Modalidades de paso.

Artigo 4.- Reservas ocasionais.

Artigo 5.- Reservas especiais.

CAPÍTULO III

CARACTERÍSTICAS DOS PASOS

Artigo 6.- Duración.

A licenza outorgarase por un ano, renovándose anualmente previo pagamento das taxas correspondentes, de conformidade coa Ordenanza fiscal vixente.

Artigo 7.- Sinalización.

O outorgamento de licenza de paso esixirase a instalación da sinalización que neste artigo se detalla e que deberá ser asumida polo titular da licenza.

Artigo 8.- Características dos pasos.

CAPÍTULO IV.

SUSPENSIÓN E REVOGACIÓN DAS LICENZAS DE PASO

Artigo 9.- Suspensión.

O Concello poderá suspender, por razóns de tránsito, obras na vía pública ou outras circunstancias de interese público, os efectos da licenza con carácter temporal.

Artigo 10.- Revogación das licenzas

Artigo 11.- Efectos da extinción do dereito de paso

CAPÍTULO V

PROCEDEMENTO DE OUTORGAMENTO

Artigo 12.- Solicitude de licenza de paso .

Artigo 13.- Taxas de expedición.

O outorgamento da licenza regulada na presente Ordenanza comportará unhas taxas de expedición e o pagamento da reserva conforme á Ordenanza fiscal correspondente.

As taxas de expedición deberán ser pagadas no momento da solicitude e a obriga do pagamento con respecto á reserva, esixirá o depósito previo do importe da taxa, que deberá ingresarse ao tempo de solicitar a licenza preceptiva, conforme á Ordenanza fiscal vixente.

Artigo 14.- Procedemento.

Artigo 15.- Resolución.

Artigo 16.- Obrigas do titular.

O outorgamento da licenza de paso comportará as seguintes responsabilidades e obrigas a cargo do titular:

Artigo 17.- Prohibición de parada e estacionamento.

Queda prohibida a parada e estacionamento nos lugares reservados para pasos e realizar obras ou sinalizacións nas vías urbanas, respecto dos mesmos sen a preceptiva licenza.

CAPÍTULO VI

RÉXIME SANCIONADOR

Artigo 18.- Infraccións.

As accións ou omisións contrarias ao establecido nesta Ordenanza, terán o carácter de infraccións administrativas e serán sancionadas nos casos, forma e medida que nela se determina, a non ser que poidan constituír delictos ou faltas tipificadas nas leis penais, en cal caso o Alcalde pasará o tanto de culpa á orde xurisdiccional competente e absterase de seguir o procedemento sancionador mentres a autoridade xudicial non dicte sentenza firme. Todo iso conforme ao disposto no Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre tránsito, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria.

Artigo 19.- Cualificación das Infraccións.

Artigo 20 .- Sancións.

Artigo 21.- Graduación das sancións.

Artigo 22.- Reposición da situación alterada.

As sancións que se poidan impoñer non eximirán a este Concello de esixir ao infractor a reposición da situación alterada e dos elementos urbanísticos afectados ao seu estado orixinario, así coma a indemnización polos danos e perdas causados.

Artigo 23.- Competencia para sancionar.

A competencia para sancionar correspóndelle, no marco do previsto na presente Ordenanza, ao Alcalde.

Artigo 24.- Retirada de vehículos.

Artigo 25.- Procedemento sancionador.

Artigo 26.- Incoación.

Artigo 27.- Tramitación.

Artigo 28.- Recursos.

Contra as resolucións da Alcaldía, as cales poñen fin á vía administrativa, cabe interpoñer os seguintes recursos:

Potestativo de reposición, perante a mesma Alcaldía. O prazo para interpoñer o recurso será de un mes, contado desde a data de notificación da resolución e se interpón o recurso de reposición, non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se producise a súa desestimación por silencio.

Transcorrido un mes desde a interposición do recurso de reposición sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado por silencio administrativo e quedará expedita a vía contencioso-administrativa.

Recurso contencioso-administrativo que pode ser interposto directamente ante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa.

O prazo para interpoñer este recurso será de dous meses contado desde a data de notificación da resolución se non se interpuxo recurso de reposición. Ou tamén transcorridos dous meses, pero contados desde o día en que lle sexa notificada a resolución expresa do recurso de reposición ou desde a data en que transcorra un mes desde a interposición de dito recurso de reposición, se o tivese interposto potestativamente.

DISPOSICIÓN ADICIONAL

No previsto na presente Ordenanza, estarase ao establecido no Real Decreto Lexislativo 339/1990, de 2 de marzo, polo que se aproba o texto articulado da Lei sobre tránsito, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria; o Regulamento Xeral de Circulación, para a aplicación e desenvolvemento do texto articulado da Lei sobre tránsito, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria, aprobado por Real Decreto 13/1992, de 17 de xaneiro e a Lei 30/1992, de 26 de xaneiro, do Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA

Os titulares de licenzas de paso outorgadas con anterioridade á entrada en vigor desta Ordenanza deberán acomodarse ao disposto na mesma no prazo de 3 meses a contar desde a súa entrada en vigor.

Os titulares de licenza de paso outorgadas con anterioridade á entrada en vigor desta Ordenanza para locais con espazo inferior a cinco vehículos, deberán acollerse ao disposto nesta Ordenanza no prazo sinalado no apartado anterior, sen que necesiten acreditar licenza de actividade.

O incumprimento do disposto nesta Disposición será sancionada con multa de ata 15.000 pesetas, sen prexuízo da retirada da licenza outorgada no seu día.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA

Queda derrogada a Ordenanza Reguladora da expedición de reservas de espazo de entrada e saída de vehículos (pasos) (BOP núm. 295, de 24 de decembro de 1996)).

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza entrará en vigor unha vez aprobada definitivamente polo Concello e publicado o seu texto completo no Boletín Oficial de la Provincia, transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 de la Lei 7/1985, de 2 de abril"

ANEXO I

"Artigo 5: Apartado 2ª onde di: "Así mesmo, e previa xustificación, poderá outorgarse licenza de paso para vehículos de diminuídos físicos,,," debe dicir, "Así mesmo, e previa xustificación poderá outorgarse reserva para vehículos de diminuídos físicos...".

Disposición Transitoria. Apartado 2, onde di: "Os titulares de licenza de paso outorgadas con anterioridade á entrada en vigor desta Ordenanza para locais con espazo inferior a cinco vehículos, deberán acollerse ao disposto nesta Ordenanza no prazo sinalado no apartado anterior, sen que necesiten acreditar licenza de actividade", debe dicir ": " Os locais con espazo inferior a cinco vehículos que á entrada en vigor desta ordenanza veñan sendo utilizados para garda de vehículos deberán acollerse ao disposto nesta ordenanza no prazo sinalado no apartado anterior, sen que necesiten acreditar licenza de actividade para o outorgamento da pasaxe nocturna".