Aprobado polo Pleno da Corporación de data vintenove de novembro de dous mil un.

Publicado no BOP núm. 56 de data oito de marzo do dous mil dous.


REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DO CONCELLO DE ARTEIXO

"A biblioteca pública é un servizo de existencia obrigatoria dos especificados no artigo 26.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, para todos os concellos que teñan máis de 5.000 habitantes, ou que conten cun núcleo urbano con poboación superior a 1.000 habitantes

A competencia municipal respecto a esta materia está recoñecida nos artigos 25.2.m) da antedita Lei 7/1985, do 2 de abril e 80.2. da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, baixo o título "Actividades e instalacións culturais".

En consecuencia, apróbase o presente regulamento, polo que se establece o funcionamento da Rede Municipal de Bibliotecas, declarando expresamente o carácter de servizo público adscrito á Concellaría de Cultura.

CAPÍTULO I

ORGANIZACIÓN E SERVIZOS DA BIBLIOTECA.

Artigo 1.- Servizo público da biblioteca e forma de xestión.

Artigo 2.- Finalidades das bibliotecas

Artigo 3.- Rede de bibliotecas municipal

Artigo 4.- Dos fondos bibliográficos.

Artigo 5.- Servicios da biblioteca

Artigo 6.- Horario de atención ao público.

Artigo 7.- Coordinación cos centros escolares.

O Concello promoverá a coordinación do funcionamento da biblioteca municipal coas dos centros escolares do municipio, de conformidade coas directrices que sinale a Xunta de Galicia.

CAPÍTULO II

USUARIOS DAS BIBLIOTECAS

Artigo 8.- Acceso á biblioteca

Recoñéceselle a todas as persoas o dereito a accederen en condicións de igualdade e sen discriminacións ás dependencias das bibliotecas municipais e a obteren información sobre os seus servizos e sobre os procedementos de utilización. O exercicio dese dereito é libre e gratuíto.

Artigo 9.- Normas en sala para usuarios

Artigo 10.- Uso dos equipos en sala:

Artigo 11.- Do carné de socio

Artigo 12.- Préstamos a domicilio

O Alcalde poderá autorizar o préstamo dalgunha obra restrinxida ao préstamo para exposicións, intercambio...

CAPÍTULO III

RÉXIME SANCIONADOR

Artigo 13.- Sancións e responsabilidades.

DISPOSICIÓN FINAL

Este regulamento entrará en vigor logo de que se publique enteiramente o seu texto no Boletín Oficial da Provincia e transcorra o prazo de quince días a que se refiren os artigos 70.2 e 65.2 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local".