Aprobado polo Pleno da Corporación de data vinteoito de xuño do ano 2001.
Publicado no BOP núm. 213 de data quince de setembro do ano 2001.
Modificada polo Pleno da Corporación de data vintecinco de outubro de 2001, e publicada a devandita rectificación no BOP núm.. 8 de data dez de xaneiro de 2002
A Escola Infantil Municipal de Arteixo é un servicio municipal regulado e obxectivado dirixido á poboación municipal entre 3 meses e 3 anos, que ten entre os seus obxectivos os seguintes:
Establécese como horario do servicio de luns a venres, de 8:00 horas da mañá a 20:00 horas da tarde. Marcando tres alternativas:
A Escola Infantil Municipal do Concello de Arteixo comprenderá os seguintes niveis de atención:
Serán beneficiarios da Escola Infantil Municipal tódalas familias con nenos e nenas con idade entre 3 meses e 3 anos. Ademais terán dereito a praza subvencionada polo concello aquelas familias que teñan unha Renda per cápita inferior ás 65000 pesetas, en número regulado nos niveis de renda que se especifican (o concello subvenciona as tarifas da 5 á 10, ámbalas dúas incluídas, e en menor grao a 3 e a 4):
| Tarifa. | Renda per cápita. | Prazas máximas. |
|---|---|---|
| Tarifa 1. | Máis de 100.001 pesetas. | 20 prazas. |
| Tarifa 2. | R.p.c: 85001 a 100000 pesetas. | 18 prazas. |
| Tarifa 3. | R.p.c: 75001 a 85000 pesetas. | 15 prazas. |
| Tarifa 4. | R.p.c: 65001 a 75000 pesetas. | 12 prazas. |
| Tarifa 5. | R.p.c: 55001 a 65000 pesetas. | 18 prazas. |
| Tarifa 6. | R.p.c: 45001 a 55000 pesetas. | 12 prazas. |
| Tarifa 7. | R.p.c: 40001 a 45000 pesetas. | 10 prazas. |
| Tarifa 8. | R.p.c: 30001 a 40000 pesetas. | 9 prazas. |
| Tarifa 9. | R.p.c: 20001 a 30000 pesetas. | 9 prazas. |
| Tarifa 10. | R.p.c: menos de 20000 pesetas. | 7 prazas. |
As familias que, reunidos os requisitos de renda per cápita para percibir a subvención municipal, perciban outra axuda para o mesmo fin doutro organismo ou institución, quedarán excluídas da subvención municipal.
A contía das tarifas serán as fixadas no texto normativo que regula o Prezo Público pola prestación de servicios da Escola Infantil Municipal.
En calquera caso se asumirán as modificacións, que en relación a este punto, elabore no futuro a Consellaría de Familia da Xunta de Galicia
Farase en modelo oficial que para tal fin se pode recoller nas oficinas municipais.
Calquera veciño do concello con menores ao seu cargo entre 3 meses e 3 anos poderá solicitar matrícula e/ou reserva de praza nos prazos e condicións que o concello fará públicos antes do comezo do curso escolar.
Ademais da solicitude, os interesados deberán obrigatoriamente achegar a seguinte documentación.
De carecer dalgún dos documentos sinalados nas letras a) e b) do punto anterior, será necesario presentar calquera outro documento que acredite oficialmente a situación familiar ou económica segundo proceda.
Así mesmo, e de carecer de acreditación documental dalgunha das incidencias alegadas, poderase presentar informe dos servizos sociais do Concello de Arteixo.
No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello, conforme o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, requirirá ao interesado para que, nun prazo de 10 días, emende os erros detectados, con indicación de que, se así non se fixese, se terá por desistido na súa petición, logo de resolución en tal sentido.
Os interesados terán que presentar, dentro dos 10 días seguintes ao da notificación da admisión. certificado médico do neno ou nena.
Se non se presentase a devandita documentación no prazo sinalado, terase por decaída a solicitude da praza, logo de resolución en tal sentido.
As solicitudes para acceder aos servizos que se prestan na Escola Infantil Municipal formalizaranse por escrito a través de instancias dirixidas ao señor alcalde-presidente da corporación municipal, xuntando a documentación sinalada no artigo 6.
Recibida a instancia xunto coa documentación, procederase polos técnicos responsables á comprobación dos datos aportados, avaliando as solicitudes (segundo o anexo que se achegue ao presente texto normativo) e elaborando un informe posterior que será sometido a dictame da Comisión de Baremación da Escola Infantil Municipal de Arteixo . O mesmo elevarase á Comisión de Goberno, que será quen decida en última instancia.
En caso de urxencia motivada, nesta situación será o alcalde-presidente ou concelleiro/a responsable que decida a concesión ou denegación dos servizos, dando conta na próxima Comisión de Goberno que se realice.
As modificacións no horario de asistencia ou de calquera outra circunstancia, será solicitada por escrito ao concello. Ata o momento en que a institución municipal resolva e notifique non se producirá a modificación, sendo, en todo caso, a empresa adxudicataria da Escola Infantil Municipal de Arteixo. a responsable de asumir a responsabilidade de autorizar calquera modificación fóra do trámite do presente procedemento.
Contra a denegación dos servizos recollidos na solicitude, o interesado/a poderá interpoñer os recursos e reclamacións estipulados na lexislación vixente
O profesional responsable será o técnico do Departamento Municipal de Educación que contará co apoio dunha asistente social do Equipo Municipal de Servizos Sociais.
Se a solicitude presentada cumpre cos requisitos esixidos nesta normativa, e segundo o procedemento que se fixa, farase unha avaliación e concederase unha puntuación, segundo o baremo recollido no Anexo 1.
Os cadro de tarifas recóllense no texto normativo que regula o Prezo Público pola prestación de servizos da Escola Infantil Municipal.
O número máximo de prazas reservadas para cada nivel está recollido no artigo 4º da presente Ordenanza.
Terán prioridade (dentro dun mesmo nivel) as que acadaran unha maior puntuación no proceso de baremación.
Se un nivel se completa, o usuario terá dúas opcións, ou quedar en lista de espera ata que se produza unha vacante ou acceder ó primeiro nivel superior que dispoña de prazas libres.
Se fose necesario admitir un caso urxente remitido desde os servizos sociais do concello, seguiríase o procedemento sinalado nesta ordenanza, accedendo ao nivel que lle corresponda ou ao inmediato superior que teña prazas libres, sempre con limitación no tempo motivada, aboándose a cota correspondente a esa praza con cargo ao orzamento de emerxencias sociais dos Servizos Sociais Municipais.
O presente texto normativo, que derroga o texto en vigor aprobado polo Pleno da Corporación con data 2 de outubro de 1997, foi aprobado polo Pleno da corporación en sesión celebrada o día 28 de xuño de 2001. Exposto ao público no Taboleiro de Anuncios da Corporación e segundo anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia do día ..............................., quedou definitivamente aprobado o día .......................... Entrará en vigor unha vez que se publique o seu texto no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da lei 7/85 de 2 de abril, de Bases de réxime local..
MODIFICADA polo pleno da corporación de data vintecinco de outubro do ano 2001, NOS SEGUINTES ARTIGOS:
Serán beneficiarios da Escola Infantil Municipal tódalas familias con nenos e nenas con idade entre 3 meses e 3 anos. Ademais terán dereito á praza subvencionada polo concello aquelas familias que teñan unha Renda per cápita inferior ás 65000 pesetas, en número regulado nos niveis de renda que se especifican ( o concello subvenciona as tarifas da 5 á 10, ámbalas dúas incluídas, e en menor grao a 3 e a 4):
| Tarifa | Renda per cápita |
|---|---|
| Tarifa 1. | máis de 100001 pesetas |
| Tarifa 2. | R.p.c: 85001 a 100000 pesetas |
| Tarifa 3 | R.p.c: 75001 a 85000 pesetas |
| Tarifa 4 | R.p.c: 65001 a 75000 pesetas |
| Tarifa 5. | R.p.c 55001 a 65000 pesetas |
| Tarifa 6. | R.p.c.45001 a 55000 pesetas |
| Tarifa 7 | R.p.c:40001 a 45000 pesetas |
| Tarifa 8. | R.p.c:30001 a 40000 pesetas |
| Tarifa 9. | R.p.c:20001 a 30000 pesetas |
| Tarifa 10. | R.p.c: menos de 20000 pesetas |
As familias que, reunindo os requisitos de renda per cápita para percibir a subvención municipal, perciban outra axuda para o mesmo fin doutro organismo ou institución,quedarán excluídas da subvención municipal.
A contía das tarifas serán as fixadas no texto normativo que regula o Prezo Público pola prestación de servizos da Escola Infantil Municipal.
En calquera caso asumiranse as modificacións, que en relación a este punto, elabore no futuro a Consellaría de Familia da Xunta de Galicia.
Se fose necesario admitir un caso urxente remitido desde os servizos sociais do concello,seguiríase o procedemento sinalado nesta ordenanza, sempre con limitación no tempo motivada, aboándose a cota correspondente a esa praza con cargo ao orzamento de emerxencias sociais dos Servicios Sociais Municipais.
O presente texto normativo, que derroga o texto en vigor aprobado polo Pleno da Corporación con data 28 de xuño de 2001, foi aprobado polo Pleno da corporación en sesión celebrada o día 25 de outubro de 2001. Exposto ao público no Taboleiro de Anuncios da Corporación e segundo anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia do día ......................, quedou definitivamente aprobado o día .............................. Entrará en vigor unha vez que se publique o seu texto no Boletín Oficial da Provincia e teña transcorrido o prazo de 15 días previsto no artigo 65.2 da lei 7/85 de 2 de abril, de Bases de réxime local.