Aprobado polo Pleno da Corporación de data trinta de novembro do ano 2000.

Publicado no BOP núm. 43 de data vinteún de febreiro do ano 2001.


AGRUPACIÓN MUNICIPAL DE VOLUNTARIOS DE PROTECCIÓN CIVIL

Introducción

Co fin da realización de actividades diversas para a protección civil en situacións de emerxencia, os concellos e os alcaldes teñen competencias en materia de protección civil, segundo o establecido nos artigos 25.2 c) e 21.1 y) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e artigos 80, 81 e 92 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración Local de Galicia.

O exercicio destas competencias ten que levarse a cabo fundamentalmente mediante actuacións dos concellos e dos alcaldes coa colaboración dun concelleiro-delegado de Protección Civil, así como coa intervención coordinada dos servizos municipais, dedicados de modo ordinario e permanente, ao cumprimento de fins coincidentes coas necesidades derivadas das situacións de emerxencia nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade pública.

Así mesmo, nos números 3 e 4 do artigo 30 da Constitución española, determínase que poderá crearse un servizo civil para o cumprimento da finalidade de interese xeral e que mediante lei se regularán os deberes dos cidadáns nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade pública, polo que parece necesario que, sen prexuízo do establecido na lexislación reguladora do servizo civil e da protección civil sobre canto antecede, contémplense os recursos municipais mencionados coa incorporación dos cidadáns ás actividades que desenvolva a protección civil municipal, ofrecéndolles así oportunidades para asumir e realizar, voluntariamente, o cumprimento dos deberes que a Constitución lles atribúe nas devanditas circunstancias.

Por outra banda, a Lei 2/1985, do 21 de xaneiro, sobre protección civil, e o Real Decreto 407/1992, do 24 de abril, que desenvolve a norma básica, en distintas partes do seu articulado recolle a participación, responsabilidade e competencias das diferentes administracións públicas na protección civil, tendo un papel importante os concellos que por ser a administración máis próxima aos cidadáns se converte na célula básica de protección civil, sendo a primeira en intervir en cantas emerxencias ocorran.

Segundo a normativa, temos que recoller o establecido no Decreto 56/2000, do 3 de marzo, e no Plan territorial de protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia (Platerga), recollido como anexo do citado decreto, onde se establece, entre outras, as directrices para a planificación de ámbito local, así como os cometidos que poden desenvolver as agrupacións de voluntarios no estudo e desenvolvemento dos distintos planos de emerxencia.

Para articular as oportunidades de colaboración dos cidadáns, individualmente considerados, coa protección civil municipal, parece conveniente regulamentar a organización e funcionamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil deste Concello, que se vencellará aos servizos básicos de intervención en emerxencias dependentes do Concello para realizar as tarefas que procedan, sen prexuízo do que poida establecerse nas leis sobre prestación persoal e de servizos con carácter obrigatorio.

En virtude do exposto e previo acordo do Concello, apróbase o Regulamento da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil deste Concello, que se transcribe de seguido.

CAPÍTULO I

Finalidade

Artigo 1

A protección civil municipal ten como fin establecer unha organización baseándose nos recursos municipais, contando coa colaboración das entidades privadas e dos cidadáns, para garantir a coordinación preventiva e operativa respecto da protección de persoas e bens ante os danos producidos polas situación de emerxencia nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade pública, mediante a realización de actividades que permitan evitar estas, reducir os seus efectos, reparar os danos e, no seu caso, contribuír a corrixir as causas produtoras destes.

Artigo 2

A AVPC do Concello de Arteixo, como agrupación integrada no seo do Concello, rexerase polo establecido no presente regulamento, así como polas instruccións e directrices que, para os efectos de coordinación xeral e participación no desenvolvemento ou execucións dos planos, programas ou actividades no sistema autonómico de protección civil, sexan dictadas polo órgano da comunidade autónoma competente nesta materia, e demais administracións públicas de ámbito superior conforme se establece na Norma básica de protección civil.

Artigo 3

Poderán vincularse á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil unicamente as persoas físicas ou individuais que residan habitualmente no Concello e que con carácter altruísta se comprometan a colaborar directamente nas actividades dos servizos de protección civil dependentes do Concello.

Artigo 4

Así mesmo, a actividade voluntaria dos interesados é independente da obriga que como veciños puidera corresponderlles, en relación coa realización da prestación persoal e de transportes a que se refiren os artigos 564 a 571 da Lei de réxime local vixente, ou outras prestacións equivalentes que poidan establecer leis especiais, como a de incendios forestais ou as que regulamenten, no seu día, a protección civil e o servizo civil.

CAPÍTULO II

Organización

Artigo 5

A colaboración voluntaria é por tempo determinado dos veciños á Protección Civil municipal, levarase a cabo mediante a incorporación destes á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil á que se refire o presente regulamento.

Artigo 6

A vinculación dos voluntarios co Concello non ten o carácter de relación laboral, administrativa, funcionarial ou mercantil, senón tan só de colaboración voluntaria para a prestación de servizos de xeito gratuíto e altruísta como medio de realización de accións humanitarias de solidariedade social que constitúen o fundamento das relacións de boa veciñanza.

Artigo 7

Poderán incorporarse á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil como colaboradores en misións de orientación, asesoramento e asistencia técnica, os veciños con formación e experiencia suficiente no exercicio profesional ou vocación relacionada con algunha das entidades deste servizo público e que por determinadas circunstancias non poidan ser voluntarios operativos.

Así mesmo, poderán incorporarse á agrupación como voluntarios activos, tódolos veciños maiores de 18 anos e menores de 65 anos que cumpran os requisitos de acceso que poidan establecer as agrupacións sen que en ningún caso poida facerse discriminación por razóns de sexo, políticas, ideolóxicas, relixiosas ou calquera outra circunstancia persoal ou social.

Artigo 8

A incorporación á agrupación farase sempre en virtude de solicitude dos interesados, acompañada dunha declaración de non se atopar inhabilitado para funcións públicas por sentenza firme e de compromiso de honor de coñecer e aceptar o contido deste regulamento, así como do disposto na normativa vixente sobre protección civil e de executar as tarefas que se lle encomenden polas autoridades competentes ou os seus delegados e axentes.

Artigo 9

A condición de membro da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil faculta unicamente para realizar as actividades correspondentes a esta, especialmente en situacións de emerxencia nos casos de grave risco, catástrofe ou calamidade pública. Os compoñentes desta non poderán realizar, ao abeiro desta, xa sexa en relación cos mandos dela ou entre as persoas, actividades de carácter persoal ou de finalidade relixiosa, política e sindical.

Artigo 10

A agrupación estruturarase, orgánica e funcionalmente, en seccións de acordo ás necesidades existentes no Concello ou comarca e, en todo caso, disporá das seccións correspondentes en consonancia coa tipoloxía de riscos definidos no Pemu e, se é o caso, no Platerga.

Artigo 11

O presidente da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, e demais cargos que estatutariamente se prevexan, será elixido democraticamente entre os membros que teñan a condición de voluntarios de pleno dereito, de acordo co establecido na lexislación vixente. Sendo a duración do mandato de catro anos e pode ser reelixido para novos mandatos.

Artigo 12

Tódolos compoñentes da agrupación levarán sobre o lado esquerdo do peito o distintivo de Protección Civil da Comunidade Autónoma e no lado dereito a tarxeta de identidade de voluntario, de acordo co disposto na normativa vixente para tal efecto.

Artigo 13

A consellaría competente en materia de Protección Civil elaborará e formulará propostas para a aprobación das normas de carácter especial ou xeral que sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación deste regulamento, así como para a regulamentación de actividades da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.

Artigo 14

A Agrupación de Voluntarios de Protección Civil contratará un seguro de accidentes, así como de responsabilidade civil por danos a terceiros, que ampare os seus membros fronte aos riscos aos que estean sometidos no exercicio das súas funcións.

Artigo 15

Tódalas actuacións que realice a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil en materia de protección civil no ámbito local, serán sempre autorizadas e coordinadas, ou se é o caso, dirixidas pola autoridade local correspondente.

CAPÍTULO III

Formación e perfeccionamento

Artigo 16

A formación terá como finalidade a orientación dos aspirantes a membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil sobre os coñecementos básicos relacionados coa caracterización deste servizo público, así como contribuír á selección dos que proceda e facilitar a capacitación destes para incorporarse en condicións de eficacia á correspondente unidade de intervención.

Artigo 17

A actividade formativa e de perfeccionamento do persoal voluntario conforme ao disposto no Decreto 56/2000, do 3 de marzo, articularase do seguinte xeito:

Ademais de canto antecede, a actividade formativa completarase coas seguintes actividades:

CAPÍTULO IV

Dereitos e obrigas

Artigo 18

Son dereitos dos voluntarios de Protección Civil no exercicio do seu labor de colaboración:

Artigo 19

Todo voluntario de Protección Civil obrígase a cumprir estrictamente os seus deberes regulamentarios, cubrir un mínimo de sesenta horas anuais, cooperar co seu maior esforzo, interese, disciplina e espírito social en calquera misión de socorro, axuda e rescate de víctimas, da súa evacuación, asistencia, vixilancia e protección das persoas e bens, así como en toda outra misión que lle encomenden os mandos da organización ou as autoridades de que dependan durante a súa actuación.

Artigo 20

O voluntariado deberá incorporarse coa maior brevidade posible ao seu lugar de concentración en caso de catástrofe ou emerxencia.

Asemade, terá a obriga de poñer en coñecemento dos mandos da agrupación ou autoridades, a existencia de feitos que poidan supoñer riscos para as persoas ou os bens.

Artigo 21

En ningún caso o voluntario ou colaborador actuarán como membros de Protección Civil fóra dos actos de servizo. Iso non obsta para que, usando os seus coñecementos e experiencias, interveñan, con carácter estrictamente particular, naqueles feitos requiridos polo seu deber de cidadanía.

Artigo 22

O voluntario ten a obriga de manter en perfectas condicións de uso o material e o equipo que lle puidese ser confiado, comprometéndose ao pagamento dos danos que causase nestes, por mor do seu mal trato ou falta de coidado.

Artigo 23.- Obrigas e deberes.

Artigo 24

As AVPC deberán:

CAPÍTULO V

Recompensa e sancións

Artigo 25

As conductas dos compoñentes da AVPC serán obxecto de estimación polos procedementos que se establezan nas correspondentes instruccións de desenvolvemento deste regulamento. Distinguiranse como proceda as conductas meritorias e sancionaranse, de conformidade co establecido neste regulamento, as infraccións ao previsto neste.

A valoración corresponderalle ao concelleiro-delegado de Protección Civil a proposta do xefe do Servicio Municipal de Protección Civil.

As recompensas e sancións anotaranse no expediente persoal do interesado.

Artigo 26

A acción meritoria que implique un nivel de dedicación superior aos deberes ordinarios do servizo ou riscos para a vida ou a integridade dos voluntarios, poderán ser recompensadas co recoñecemento público mediante o correspondente escrito da Alcaldía ou a formación por esta de proposta para a concesión da medalla ao mérito de protección civil, creada pola Orde da Xunta de Galicia por orde do 3 de xaneiro de 1992, e outras distincións que poidan conceder as distintas administracións públicas ou o Concello, de ser o caso, para premiar actos desta natureza especial.

Artigo 27

As infraccións ao disposto neste regulamento sancionaranse previa tramitación do correspondente expediente.

Non se poderán impoñer sancións sen audiencia do interesado.

As faltas consideraranse leves, graves ou moi graves.

CAPÍTULO VI

Rescisión do vínculo coa agrupación

Artigo 28

A relación de colaboración voluntaria coa agrupación rematará a pedimento do interesado, por falecemento deste, declaración de incapacidade, solicitude de baixa temporal ou definitiva, perda dalgunha das condicións esixidas para poder ser voluntario ou quedar incurso en situación de inhabilitación para o exercicio de cargos públicos por sentenza firme.

Artigo 29

Considérase baixa temporal na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil a suspensión da actividade nesta como consecuencia de sanción, a ausencia inferior a tres meses que teña motivos xustificados que fose comunicada oportunamente, así como a interrupción da prestación pola incorporación ao servicio militar ou por embarazo, atención do acabado de nacer ou enfermidade.

Artigo 30

Será causa de baixa definitiva na agrupación a pedimento do interesado a incomparecencia do mesmo por tempo superior a tres meses, sen causa xustificada, á actividade ordinaria ou especial que lle corresponda, o incumprimento dos servizos mínimos esixidos ou a negativa a cumprir o requirimento da prestación de actividade nunha zona sinistrada determinada ou a permanecer na mesma no posto que se lle encomende.

Artigo 31

Acordada a baixa, esta seralle notificada ao interesado, garantíndolle o dereito de audiencia, e cando sexa efectiva o voluntario procederá á inmediata entrega da documentación de identidade, distintivo, uniforme, equipo e material que lle fose adxudicado polo Concello.

Artigo 32

En todo caso expedirase, a petición do interesado, un certificado no que consten os servizos prestados na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e a causa pola que se acordou a baixa.

Disposicións finais.

Disposición derrogatoria.

Queda derrogada expresamente a seguinte disposición:

Regulamento estatutario da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Concello de Arteixo, aprobado definitivamente polo Pleno da Corporación, en sesión extraordinaria, con carácter de urxencia, celebrada o día 18 de xuño de 1996, e publicado no Boletín Oficial da Provincia número 154, de data 5 de xullo de 1996.