Aprobado polo Pleno da Corporación de data vintesete de xaneiro do ano 2000.

Publicado no BOP núm. 60 de data catorce de marzo do ano 2000.


REGULAMENTO MUNICIPAL SOBRE VOLUNTARIADO E OUTROS AXENTES SOCIAIS

Artigo 1.- Xustificación.

Desde a asunción do deber da Administración Pública de fomentar a participación cidadá ao máximo posible, xunto co compromiso de acatar tódolos requisitos e imperativos éticos e legais que este deber supón, elaborouse o "Regulamento municipal sobre voluntariado e outros axentes sociais no Concello de Arteixo" , tentando crear unha estructura que regule a situación actual e posibilite, no futuro, un axeitado desenvolvemento desta participación cidadá no ámbito municipal.

Artigo 2.- Referencias lexislativas:

A propia Constitución Española no seu artigo 9.2 fai referencia ao deber dos poderes públicos de facilitar a participación de tódolos cidadáns na vida política, económica, social e cultural.

A Lei 4/1993 do 14 de abril, de Servizos Sociais, regula na súa disposición adicional 20, os dereitos e obrigas do voluntariado.

A Lei de Voluntariado 6/1996, de 15 de xaneiro, desenvolve os ámbitos de actuación da acción voluntaria e define o voluntariado como un dos instrumentos básicos da participación da sociedade civil no ámbito social.

O Plan Estatal de Voluntaria 1997-2000, aprobado en Consello de Ministros o 24 de xullo de 1997, define as liñas de actuación da acción voluntaria e o papel dos poderes públicos neste ámbito.

Artigo 3.- Canles da participación cidadá no Concello de Arteixo:

As canles da participación da sociedade civil coa Corporación Local ( a través da participación en actividades e/ou programas dos seus departamentos técnicos) quedan estrictamente limitadas aos convenios de colaboración con asociacións e institucións locais e/ou supralocais en calquera ámbito; ao fomento do voluntariado nos ámbitos social, cultural, deportivo, educativo, patrimonial, histórico e/ou similares; á participación de colaboradores baixo a responsabilidade dun técnico municipal e, por último, á participación a través dos programas de prácticas.

Artigo 4.- Definición de Convenios de Colaboración:

Como entidade con personalidade xurídica, o Concello poderá realizar acordos e convenios de colaboración con asociacións e institucións con igual personalidade xurídica, para o desenvolvemento de servizos e prestacións en beneficio da comunidade. As persoas físicas que leven adiante as diferentes tarefas e actividades serán responsabilidade da asociación/institución á que pertencen.

Neste caso, o Concello poderá velar polo cumprimento dos dereitos e obrigas da asociación para cos seus voluntarios/as, aínda que, en última instancia, non exista responsabilidade directa.

Asemade, a fin de promover o máis posible o verdadeiro protagonismo das asociacións, o Concello poderá facilitar aspectos coma a cobertura de seguros, gastos de formación, cesión de persoal ou locais municipais e outros similares sempre a modo de subvención para coa asociación, e quedando estrictamente recollido nun convenio escrito.

Artigo5.- Definición do voluntariado:

O voluntariado é o conxunto de actividades de interese xeral, realizadas por persoas físicas (cando non se realicen en virtude dunha relación laboral, mercantil ou funcionarial) sempre que reúnan os seguintes requisitos:

Isto é, será voluntario toda persoa que de xeito reflexivo, solidario e desinteresado, desenvolva unha actividade en beneficio da comunidade dentro dunha organización pública ou privada.

Artigo 6.- Dereitos do voluntariado cara ao Concello (obrigas do Concello para os seus voluntarios/as):

Serán dereito do voluntariado:

Artigo 7.- Obrigas do voluntariado para co Concello (dereitos do concello sobre os seus voluntarios/as):

Serán obrigas das persoas voluntarias:

Artigo 8.- Definición de colaboradores:

Serán colaboradores aquelas persoas físicas que, non suplantando ningunha figura profesional existente no cadro de persoal en vixencia, realicen tarefas de apoio a servizos municipais (sen existencia de relación laboral, mercantil nin funcionarial), baixo a supervisión dun profesional municipal, podendo recibir o reembolso dos gastos que puideran xurdir do desempeño da súa actividade..

Artigo 9.- Diferenza conceptual entre voluntario e colaboradores:

De ningún xeito existe relación de tipo laboral ou contractual, en ámbolos dous casos se trata de persoas físicas que desenvolven tarefas vinculadas e dirixidas por un profesional municipal e, asemade, en ámbolos casos existe responsabilidade de accidentes e civil por parte do Concello no exercicio das súas tarefas.

A diferenza estriba no feito de que os voluntarios deberán estar integrados en programas de acción directa dun técnico e non poderán ser retribuídos, e os colaboradores poderán desenvolver tarefas case profesionais, baixo a supervisión dun técnico municipal pero sen a necesidade da súa dirección constante como ocorre co voluntariado. Asemade, os colaboradores poderán recibir o reembolso dos gastos que puideran xurdir do desempeño da súa actividade.

Tamén, para que a achega do colaborador nunca sexa susceptible de impedir a xeración de emprego, apoiará, ampliará ou mellorará servizos municipais existentes sempre dun xeito ocasional.

Artigo 10.- Definición do programa de prácticas:

Esta canle de participación describe a relación do concello con persoas físicas baseada exclusivamente no obxectivo de posibilitar unha experiencia preprofesional, ata o de agora a través de convenios con institucións formativas. Igual que no caso de convenios de colaboración con asociacións, o Concello queda alleo a toda responsabilidade respecto destas persoas, agás que o acordo escrito dictamine o contrario.

A asunción do papel social que o Concello pode asumir, posibilitador dunha experiencia preprofesional ou de reciclaxe (en termos de reinserción laboral) condúcenos a formular a ampliación deste programa de prácticas máis alá do ámbito exclusivo dos convenios con institucións formativas, establecendo un programa municipal de prácticas que posibilite o acceso a esta experiencia preprofesional/reciclaxe a toda a comunidade.

Artigo 11.- Iniciativa de participación e proceso selectivo:

No caso dos convenios ou acordos de colaboración, a iniciativa pode partir de calquera das partes, dando por feito a dispoñibilidade municipal a considerar tódalas ofertas de colaboración en beneficio da comunidade e en apoio do fomento da democratización e participación civil. Neste caso, a selección das persoas que desempeñen as tarefas descritas nos convenios serán, agás disposición en contrario, seleccionadas pola propia asociación, con notificación dos participantes no convenio ao Departamento de Persoal.

No caso de fomento do voluntariado, a iniciativa parte da cidadanía debendo existir programas/proxectos concretos difundidos e publicitados axeitadamente para acadala maior participación. Neste caso a selección correspóndelle aos técnicos responsables de cada departamento xestor de cada programa con aprobación do concelleiro/a de área correspondente e notificación ao Departamento de Persoal.

No caso da participación de colaboradores, a iniciativa parte da necesidade de cada departamento técnico que publicitará axeitadamente a oferta de colaboración. Neste caso a selección corresponderalle ao Departamento de Persoal baixo proposta técnica con aprobación do Concelleiro de área.

No caso de programas de prácticas a iniciativa correspóndelle ao Concello, dando por feito a disposición deste a considerar calquera oferta de institucións formativas. No momento de aprobación dun programa municipal de prácticas, a iniciativa corresponderalle igualmente ao Concello, quedando a selección dos participantes ao criterio técnico con aprobación do concelleiro de área e notificación ao departamento de persoal.

Artigo 12.- Acordo escrito.

Calquera que sexa a canle de participación, debe existir acordo escrito asinado por ámbalas dúas partes que regule especificamente que tipo de programa de participación define, responsabilidade civil e de accidentes, responsabilidade técnica, dereitos e obrigas por ámbalas partes, etc. Cada programa require un modelo específico de acordo que será facilitado en cada caso polo Departamento de Persoal.

Artigo 13.- Inicio programas-xestión do gasto:

Tanto os programas de voluntariado, colaboradores, convenios con asociacións e convenios con institucións formativas (programa prácticas), deberán ser recollidos previamente na planificación anual de cada servicio/departamento. Asemade, deberá ser contemplado o gasto previsto, tanto en gastos directos (monitorado, seguro, axudas de custo para quilometraxe, formación, material, etc.) como indirectos (limpeza e mantemento de locais, custo dedicación de técnicos municipais ...).

Previamente ao inicio de calquera destes programas, entrada en vigor de convenios... deberá existir acordo favorable da Comisión de Goberno (segundo o procedemento establecido: circular 2/99 de instruccións sobre propostas de gasto).

Artigo 14.- Control dos programas:

Corresponderalle á Concellería de Persoal o control das persoas adscritas aos diferentes programas, contando para isto co libro oficial de rexistro de voluntarios e colaboradores e listado similar para as persoas participantes en convenios con asociacións e/ou con institucións formativas.

Asemade, esta Concellaría encargarse das altas e baixas dos seguros (no caso que proceda) previa notificación dos servizos/departamentos correspondentes e do informe para certificación, ao remate da participación.

DISPOSICIÓN FINAL

O presente regulamento municipal non entrará en vigor ata que transcorra o prazo de quince días hábiles desde a súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia".