Aprobado polo Pleno da Corporación de data trinta e un de Xulio do ano 1997.
Publicado no BOP núm. 207 de data nove de Setembro do ano 1997.
Dado o incremento progresivo de ciclomotores en todo o territorio nacional, especialmente naqueles municipios onde se goza das vacacións estivais e o uso intensivo destes polas vías públicas da nosa localidade, parece necesario iniciar o rexistro municipal deste tipo de vehículos. As razóns que o motivan son tanto pola protección que supón desta propiedade ante o roubo, como pola necesidade de obrigar aos seus usuarios a cumprir as normas de circulación, circunstancia ata o de agora de difícil esixencia por carecer dun número de identificación á vista, o que imposibilitaba a denuncia, e por isto non é difícil observar como circulan polas beirarrúas, en dirección contraria, facendo caso omiso do disco vermello que prohibe o paso, ou incumprindo as medidas de autoprotección, como é a utilización do casco.
Ten por obxecto regular e ordenar a inscrición e matriculación de ciclomotores no municipio, cos propietarios que teñan domicilio no termo municipal.
Para estes efectos créase nas dependencias da Policía Municipal de Arteixo un Rexistro Municipal de ciclomotores, no que figurarán os datos relativos ao ciclomotor, ao titular, núm. de matrícula municipal e as transferencias que afecten ao vehículo.
Todo propietario dun ciclomotor igual ou inferior a 50 c.c. ten a obriga de o inscribir no Concello no prazo dunha semana desde a súa adquisición.
A inscrición consistirá en cubrir un impreso que se facilitará polo Concello. Este modelo de impreso figura anexo á Ordenanza.
Para a inscrición do vehículo, o propietario deberá achegar os seguintes documentos, que se autenticarán mediante a presentación do orixinal
Efectuada a inscrición no Rexistro de Ciclomotores, de conformidade ao disposto no Art. anterior, entregarase aos propietarios:Tarxeta de inscrición no Rexistro Municipal.
A placa de matrícula, deberá ir colocada en sentido horizontal, na parte inferior do gardabarros posterior ou traseiro do ciclomotor.
Transferencias do ciclomotor:
Todo titular de ciclomotores inscrito no Rexistro Municipal que o queira transferir, deberá:
O conductor do ciclomotor queda obrigado a estar en posesión e levar consigo a seguinte documentación:
Esta documentación deberá exhibir a cando os axentes da autoridade o soliciten.
A Policía Municipal encargarase de facer cumprir o establecido nesta ordenanza.
O incumprimento do que a mesma establece dará lugar á imposición de sancións, de conformidade co establecido na Lei sobre Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria e R.D. 13/92, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación.
No seu caso, de conformidade ca lei vixente, tamén procederá á inmobilización do ciclomotor no lugar que se destine para os efectos, sendo os gastos que se orixinen a cargo do infractor.
Constitúen infracción a esta ordenanza os seguintes feitos:
As infraccións definidas no artigo anterior sancionaranse con multas por importe de 5.000.-Ptas.
A pesar do establecido nos artigos anteriores, o conductor do ciclomotor poderá incorrer nas seguintes infraccións:
En tales supostos aplicarase o réxime de infracción sancionador, establecido no disposto no R.D. 339/90, do 2 de marzo e R.D. 13/92, do 17 de xaneiro, polo que se aproban respectivamente a Lei sobre Tráfico e Regulamento Xeral de Circulación.
A tramitación das infraccións a esta ordenanza, a efectos de unificación do procedemento, axustarase consonte ao establecido na Lei de Seguridade Viaria.
Para o non previsto nesta Ordenanza, aplicarase o establecido na Lei de Bases de Réxime Local 7/85, do 2 de abril e demais disposicións do réxime local concordantes na materia; R.D.L. 339/90, do 2 de marzo, polo que se aproba a Lei de Tráfico, Circulación de Vehículos a Motor e Seguridade Viaria, R.D. 13/92, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento Xeral de Circulación e demais normativas en vigor sobre a materia.
Aqueles ciclomotores adquiridos con anterioridade á entrada en vigor desta ordenanza deberán matricularse no prazo de 3 meses.
Esta ordenanza deberá aprobarse definitivamente e non entrará en vigor ata transcorrido o prazo de quince días, contados a partir da recepción do acordo de aprobación na Administración do Estado e na Comunidade Autónoma.
Deberá publicarse integramente no Boletín Oficial da Provincia.