Aprobado polo Pleno de data trinta e un de outubro do ano 1996.
Publicado no BOP núm. 295 de data vintecatro de decembro do ano 1996.
A feira de Arteixo celebrarase todos os sábados de cada mes.
Correspóndelle ao Concello, sen prexuízo das competencias doutras administracións, a ordenación, execución, vixilancia e control das medidas necesarias para un desenvolvemento satisfactorio da feira de Arteixo, observando a lealdade de competencia e defendendo os intereses dos/as consumidores/as.
Como órgano consultivo constituirase unha comisión de feiras de acordo coa seguinte composición:
Dita comisión poderá dotarse do seu propio regulamento interno e propoñer aquelas medidas que permitan a promoción e potenciación da actividade feiral.
Fíxase como emprazamento da feira a zona do balneario e o parque que se atopa na parte traseira do Concello.
Tal emprazamento poderá ser modificado por acordo plenario, podendo ser limitado ou ampliado en función das necesidades, por resolución da Alcaldía a proposta da comisión de feiras.
No caso de postos de venda de obxectos tradicionais ou do campo, a contía satisfarase en función dos metros lineais ocupados de vía pública, cun mínimo de 2 m2.
Para o exercicio da actividade de venda no feirón municipal semanal, precisaranse os seguintes requisitos:
Os vendedores de produtos do campo, tradicionais ou obxectos, que pola súa natureza non teñan a obriga de cumprimento do artigo 6.º do regulamento, concorrerán á feira segundo o modo tradicional.
A licenza determinará o lugar de emprazamento dos postos, as datas e horas de actividade, os artigos á venda autorizados, así como as obrigas que concorren os vendedores no seu caso.
As licenzas concederanse pola Alcaldía ou órgano en quen delegue, logo da petición por escrito do solicitante, que deberá achegar a documentación sinalada no artigo 7.
Cando nunha mesma data se concedan licenzas a máis de un vendedor, a asignación do número do posto farase por sorteo.
O titular da autorización terá dereito á reserva do posto ata a hora de inicio da actividade feiral.
As licenzas serán de carácter anual e renovable automaticamente, agás nos casos de extinción das mesmas ou petición formulada polo interesado sobre tal extremo, que en todo caso a deberá facer con un mes de antelación.
A titularidade da licenza extinguirase cando se comprobe a ausencia da feira durante un mes consecutivo (catro sábados) ou non faga efectiva a contía establecida no prezo público para cada posto.
Para a concesión de novas licenzas ou no seu caso, extinción das mesmas, o Concello poderá solicitar o correspondente informe da comisión de feiras.
Os postos que se atoparan vacantes unha vez transcorrido o tempo de reserva, poderán ser ocupados por aqueles vendedores que non dispoñan de postos fixos, segundo o establecido a tal efecto, sempre e cando reúnan as condicións esixidas no presente regulamento e dispoñan de tarxeta acreditativa que lles será facilitada no Concello, previa solicitude. Igualmente terán opción a ditos postos os vendedores que posúan postos fixos, debendo realizar o pagamento correspondente a cando o posto está libre ás 9,00 horas.
A licenza tan só pode ser transmitida a prol dos cónxuxes ou fillo/os maiores de 18 anos.
A licenza ou autorización municipal deberá ser exposta en lugar visible, para un mellor control por parte dos axentes da autoridade. Dita licenza ou autorización constará dos seguintes extremos:
Igualmente deberán achegar a documentación que acredite a súa personalidade e no seu caso, a procedencia da mercadoría obxecto de venda.
Non se poderán conceder licenzas ou autorizacións municipais a persoas xurídicas con fins proselitistas.
Os titulares dos postos alimenticios deberán posuír o carné de manipulador e vender os produtos nas debidas condición sanitarias.
A venda realizarase en postos ou instalacións desmontables que deberán traer os propios comerciantes. O módulo do posto de venda será dun máximo de 8 metros de longo e 4 metros de ancho, sen que ningún vendedor poida ter máis dun posto por licencia.
Os vendedores deberán evitar, na súa actividade, producir molestias e incomodidades que perturben a disciplina xeral. A tal fin cumprirán puntual e exactamente as ordes que lles transmitan os axentes da autoridade ou persoal municipal encargado para o efecto sobre ruídos, publicidade, distribución ou calquera tema que lle afecte ao seu desenvolvemento.
Os ocupantes dos postos deberán manter estes ordenados e en perfectas condicións hixiénicas. Así mesmo, deberán cumprir as instruccións que se dicten pola autoridade ou os seus axentes sobre limpeza, hixiene, etc., dispoñendo dun recipiente para depositar os residuos producidos durante a actividade feiral para, unha vez rematada a feira, introducir os residuos nos colectores correspondentes.
No caso de incumprimento do establecido nos artigo precedentes, os axentes da autoridade poderán suspender de inmediato a actividade dos postos instalados ilegalmente ou que perturben o normal desenvolvemento das transaccións.
Sen prexuízo de que as conductas dos concorrentes á feira conculque bens xurídicos protexidos por outras administracións públicas ou por órganos de xustiza, correspóndelle ao Concello a potestade sancionadora, que se exercitará sobre das faltas que se indican seguidamente coa imposición de medidas taxadas que se detallan a continuación.
A comisión dunha falta moi grave poderá supoñer, ademais, a retirada da licenza ou autorización municipal, definitiva ou temporalmente, a proposta sempre da comisión de feiras.
O feito de non facer o pagamento da sanción motivará a retirada definitiva da licenza ou autorización municipal.
O perímetro feiral e as áreas dos diversos produtos son os que se determinan por acordo plenario, visto o informe da comisión de feiras.
A dimensión de cada posto que supere os 8 metros poderá autorizarse pola comisión de goberno ou polo Pleno da Corporación, previo informe da comisión de feiras.
O horario da feira é o seguinte:
Cando por circunstancias de forza maior, e para o cambio de emprazamento da feira, o Concello haberá de atender o interese xeral da poboación e solicitar un informe da comisión de feiras ou no seu caso da agrupación provincial de comerciantes ambulantes. Sempre que proceda o cambio de emprazamento, o Concello a proposta da comisión de feiras, e o novo emprazamento reunirá as mesmas condicións có anterior de tal maneira que:
A presente modificación entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1997, logo do cumprimento do sinalado no artigo 49 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local.