Aprobado en sesión ordinaria polo Pleno de data vinteoito de xullo do ano 1994.
Publicado no BOP núm. 182 de data dez de agosto do ano 1994.
Os ficheiros automatizados do Concello de Arteixo nos que se conteñen e procesan datos de carácter persoal son os seguintes:
O ficheiro automatizado de Datos Económico-Contables, é empregado pola Intervención Municipal, que xestiona o acceso, rectificación e cancelación do seu contido.
O ficheiro automatizado de Datos Económico-Contables responde á estrutura básica e tipos de datos, que rexistran o seguinte contido:
O ficheiro automatizado de Datos Económico-Contables cumpre as finalidades de posibilitar o control personalizado de debedores e acredores. Estas finalidades tipifícanse como Xestión débeda pública e Xestión económica con terceiros.
Os datos do ficheiro de Datos Económico-Contables refírense a persoas físicas e xurídicas; estes datos proceden do propio interesado ou do seu representante legal. O procedemento de recollida instruméntase con declaracións ou formularios. Os soportes utilizados son o papel e os informático-magnéticos.
As cesións do ficheiro de Datos Económico-Contables efectúanse sen consentimento dos afectados e en base ás disposicións do grupo normativo encabezado pola Lei de Facendas Locais, con especial incidencia das Instruccións de Contabilidade para a Administración Local.
Son destinatarios das cesións:
O ficheiro automatizado de Datos Tributarios é empregado polo Negociado de Rendas e Exaccións que xestiona o acceso, rectificación e cancelación do seu contido.
O ficheiro automatizado de Datos Tributarios responde á estructura básica e tipos de datos que rexistran o seguinte contido:
O ficheiro automatizado de Datos Tributarios cumpre as finalidades de posibilitar o control personalizado de debedores. Estas finalidades tipifícanse como Xestión tributaria e de recadación.
Os datos do ficheiro de Datos Tributarios refírense a persoas físicas e xurídicas; estes datos proceden do propio interesado ou do seu representante legal. O procedemento de recollida instruméntase con declaracións ou formularios. Os soportes utilizados son o papel e os informático/magnéticos.
As cesións do ficheiro de Datos Tributarios efectúanse sen consentimento dos afectados e en base ás disposicións do grupo normativo encabezado pola Lei Xeral Tributaria e a Lei de Facendas Locais.
Son destinatarios das cesións:
O ficheiro automatizado de Datos do Padrón é empregado polo Negociado de Estatística que xestiona o acceso, rectificación e cancelación do seu contido.
O ficheiro automatizado de Datos do Padrón responde á estructura básica e tipos de datos que rexistran o seguinte contido:
O ficheiro automatizado de Datos do Padrón cumpre as finalidades de posibilitar o control da poboación. Estas finalidades tipifícanse como Padrón.
Os datos do ficheiro de Datos do Padrón refírense a persoas físicas. Estes datos proceden do propio interesado ou o seu representante legal. O procedemento de recollida instruméntase con declaracións ou formularios. Os soportes utilizados son o papel e os informático/magnéticos.
As cesións do ficheiro de Datos do Padrón efectúanse sen consentimento dos afectados e en base ao disposto no grupo normativo encabezado pola Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e pola Lei 12/89, do 9 de maio, da Función Estatística Pública con especial incidencia do Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial das Entidades Locais, aprobado por R.D. 1690/86, do 11 de xullo.
Son destinatarios das cesións:
O ficheiro automatizado de Datos de Nómina é empregado pola Tesourería Municipal que xestiona o acceso, rectificación e cancelación do seu contido.
O ficheiro automatizado de Datos de Nómina responde á estructura básica e tipos de datos que rexistran o seguinte contido:
O ficheiro automatizado de Datos de Nómina cumpre as finalidades de posibilitar a Xestión retributiva dos empregados. Estas finalidades tipifícanse como Xestión de persoal.
Os datos do ficheiro de Datos de Nómina refírense a persoas físicas; estes datos proceden do propio interesado ou do seu representante legal. O procedemento de recollida instruméntase con declaracións ou formularios. Os soportes utilizados son o papel e os informático/magnéticos.
As cesións do ficheiro de Datos de Nómina efectúanse sen consentimento dos afectados e en base aos grupos normativos encabezados pola Lei Xeral da Seguridade Social e a Lei de Impostos sobre a Renda das Persoas Físicas.
Son destinatarios das cesións:
O ficheiro automatizado de Datos de Alistamentos é empregado polo Negociado de Estatística que xestiona o acceso, rectificación e cancelación do seu contido.
O ficheiro automatizado de Datos de Alistamentos responde á estructura básica e tipos de datos que rexistran o seguinte contido:
O ficheiro automatizado de Datos de Alistamentos cumpre as finalidades de posibilitar a incorporación ao Servicio Militar. Estas finalidades tipifícanse como servicio militar.
Os datos do ficheiro de Datos de Alistamentos refírense a persoas físicas. Estes datos proceden do propio interesado ou do seu representante legal. O procedemento de recollida instruméntase con declaracións e formularios. Os soportes utilizados son o papel e os informáticos.
As cesións do ficheiro de Datos de Alistamentos efectúanse con consentimento dos afectados e en base á Lei Orgánica 13/91 e R.D. 1107/93.
Son destinatarios das cesións:
Para garantir a seguridade dos datos de carácter persoal e evitar a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado, adóptanse as cautelas propias de seguridade, cubertas polo proceso xeral de copias para a protección periódica de ficheiros.