Aprobado polo Pleno da Corporación de data vintenove de abril de mil novecentos noventa e tres.

Publicado no BOP núm. 203 de data tres de setembro de mil novecentos noventa e tres.


REGULAMENTO ESPECIAL DE HONRAS E DISTINCIÓNS

CAPÍTULO I

OBXECTO

Artigo 1

O presente regulamento ten por obxecto a regulamentación dos distintos nomeamentos honoríficos encamiñados a premiar especiais merecementos, cualidades e circunstancias singulares que concorran nos galardoados, persoas físicas ou xurídicas.

Artigo 2

Todas as distincións a que fai referencia este Regulamento teñen carácter exclusivamente honorífico, sen que, por tanto, outorguen ningún dereito administrativo, nin de carácter económico.

Artigo 3

Ningún distintivo honorífico, nin nomeamento poderá ser outorgado a persoas que desempeñen altos cargos na Administración e respecto dos cales se encontre a Corporación en relación subordinada de xerarquía, función ou servizo e en tanto subsistan estes motivos.

CAPÍTULO II

DOS DISTINTIVOS HONORIFICOS

Artigo 4

O Concello de Arteixo crea a medalla da Vila nas súas categorías de ouro, prata e bronce.

Artigo 5

A medalla terá as características, nas súas tres categorías, no seu anverso e reverso, que se describirá en canto a deseño e elementos baseándose no Escudo Municipal de Arteixo.

Artigo 6

Coas medallas premiaranse especiais merecementos, beneficios sinalados ou servizos extraordinarios.

CAPÍTULO III

DOS NOMEAMENTOS

Artigo 7

O Pleno da Corporación poderá conferir os nomeamentos de:

Artigo 8

Cos nomeamentos premiaranse méritos, cualidades e circunstancias singulares que concorran nos galardoados.

Artigo 9

Os nomeamentos de membros honorarios da corporación non outorgarán, en ningún caso, facultades para intervir no goberno ou administración da Corporación, pero o Alcalde titular ou o Concello poderán encomendarlles funcións representativas.

CAPÍTULO IV

OUTRAS DISTINCIÓNS HONORIFICAS

Artigo 11

Os distintivos e nomeamentos outorgaranse previo expediente que se iniciará tralo acordo de, cando menos, a maioría do número legal de membros do Pleno.

No acordo de iniciación nomearanse o Xuíz Instructor e o Secretario que teñan que tramitalo.

Artigo 12

O instructor do expediente ordenará a práctica de cantas probas e actuacións conduzan á precisión dos méritos do proposto, facendo constar as dilixencias realizadas, tanto se favorecen coma se prexudican a proposta inicial.

Artigo 13

Rematadas as actuacións, para as que se fixa un prazo máximo de un mes, o Instructor formulará proposta de resolución remitindo o expediente con todo o actuado á Comisión Informativa de Obras Públicas, Persoal e Seguridade Cidadá, para que previo dictame o remita o Sr. Alcalde que, en todo caso someterá o expediente ao Pleno da Corporación que necesitará o voto favorable das dúas terceiras partes do número de feito e, en todo caso, da maioría absoluta legal de membros da Corporación, para a validez do acordo que, en sesión extraordinaria adopte outorgando os distintivos ou nomeamentos.

Artigo 14

O concello crea un Libro de Honra de Distincións e Nomeamentos onde se irán inscribindo os outorgados.

Artigo 15

A concesión das distincións e nomeamentos entregaranse no Salón de Sesións do Concello, con asistencia do Pleno da Corporación e aquelas autoridades e representacións que se estimen pertinentes polo propio Pleno, atendidas as circunstancias de cada caso.

Artigo 16

Previo expediente que se instruirá coas mesmas características e garantías que para o outorgamento da honra ou distinción, a Corporación poderá revogar o acto de concesión á persoa galardoada, se esta modifica tan profundamente a súa anterior conducta que os seus actos posteriores o fan indigno de figurar entre os galardoados.

DISPOSICION FINAL

O presente Regulamento, que consta de dezaseis artigos e unha disposición final, entrará en vigor, unha vez aprobado definitivamente polo Concello, e publicado o seu texto integramente no "Boletín Oficial da Provincia", transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril.