Concello de Arteixo
Correo Novas Inicio
 
 Normas 1
 Capítulo 1
 Capítulo 2
 
 Normas 2
 Titulo I
 Titulo II
 Titulo III
 Titulo IV
 Titulo V
 Ordenanzas
 
 Índice

TITULO IV (CLASIFICACION E REXIME XURIDICO DO SOLO)

CLASIFICACION DO SOLO

  1. O solo do Termo Municipal clasificase dacordo co establecido no artigo 9.1 (B) do T.R. en: urbano, apto para urbanizar e non urbanizable.

CALIFICACION DO SOLO

  1. En orde o seu destino, e dacordo coa súa función na ordenación do territorio, as N.S. califican o solo en sistemas e zonas.
  2. O traveso da calificación do solo en zonas, as N.S. determinan a asignación dos usos urbanísticos, regulando o réxime destes con carácter xeral para todas as clases de solo e con carácter pormenorizado para as áreas de solo urbano de ordenación directa.
  3. SISTEMAS XERAIS.

    A estructura xeral e orgánica do territorio, defínese nestas Normas ó traveso dos tipos de sistemas e o seu desenrolo polos Plans Parciais e Especiais.

    As determinacións das N.S. sobor dos sistemas xerais poderán desenrolarse mediante a formulación dos Plans Parciais do sector ou sectores en que estivesen incluídos, podendo ser obxeto tamén de Plans Especiais nos que a súa finalidade non consistirá só na regularización pormenorizada dos citados sistemas, senon tamén no establecemento das medidas de protección acordes coa súa natureza, todo en conformidade co previsto no art. 17 do T.R. e os art. 76 e 77 do R.P.

  4. SISTEMAS XERAIS E LOCAIS
    1. As Normas Subsidiairas (N.S.) aseguran a ordenación graduada do territorio ó traveso da determinación de sistemas xerais e sistemas locais delimitados nos Planos de Ordenación, exceptuándose os que obtiñan por medio de Plans Parciais ou Especiais que se incorporarán á ordenación.
    2. Os solos destinados a sistemas xerais adscritos ou en solo urbano e as dotacións locais incluidas neste e excluídas das Unidades de Execución, obteranse por expropiación ou por cesión gratuita a conta de Unidades de Execución con exceso de aproveitamento en solo apto para urbanizar (artigo 200 (S) do T.R.).
    3. A obtención dos terreos destinados a sistemas xerais adscritos ou en solo apto para urbanizar producirase por ocupación directa ou mediante expropiación (artigo 201 (S) do T.R.).
    4. No suposto de privación da propiedade privada, por ocupación directa e pago diferido en aproveitamento materializable en Unidades de Execución en solo apto para urbanizar á que se incorpora o propietario ocupado (artigo 203 (B) do T.R.), a Administración adquire a propiedade unha vez ocupada a finca particular e formalizada a ocupación mediante acta na que se lle recoñera o seu dereito a materializar o aproveitamento nunha Unidade de Execución determinada.
    5. Os solos adscritos a sistema local de Plans Parciais en solo apto para urbanizar, e de Unidades de Execución en solo urbano serán de cesión obrigatoria e gratuita, garantizando as Normas, no caso das U.E. a proporción da cesión segundo o stándar patrón nos termos regulados polo art. 36 da L.S.G.

      Este stándar patrón será como mínimo de 28 m2 por cada 100 m2 de edificación sobre rasante non computándose como sistemas os terreos destinados a viario interior.

      En determinados casos, sinálanse ditas áreas dotacionais ou verdes nos Planos de Ordenación. Si a superficie grafiada para sistemas fose inferior a dito stándar, deberá complementarse aquéla ata alcanzar o mínimo sinalado; mentras que si o ámbito grafiado como sistema excedese de dito stándar prevalecerá a delimitación dos sistemas vinculada coa ordenación da Unidade de Execución.

    6. Tamén serán de cesión obrigatoria e gratuita o solo para sistemas resultantes das Ordenacións, dacordo co preceptuado no artigo de Execución das N.S. en Solo Urbano, e computarán a edificabilidade, co coeficiente ou índice de edificabilidade correspondente a ordenanza a que estean vencellados, concentrándose o aproveitamento correspondente aos mesmos dentro da parcela edificable.

    Os solos comprendidos nas Actuacións Illadas en solo urbano pasarán a uso e dominio público mediante expropiación, podéndose repercutir o seu custo por medio de contribucións especiais.

DEREITOS E DEBERES DOS PROPIETARIOS DO SOLO

  1. A ordenación do uso dos terreos e construccións enunciadas nestas Normas non conferirá dereito ós propietarios a esixir indemnización, por implicar limitacións e deberes que definen o contido normal da propiedade, segundo a súa calificación urbanística. Os afectados terán dereito, non obstante, á distribución equitativa dos beneficios e as cargas do planeamento, nos termos previstos na Lei do Solo.
  2. Todo propietario de solo terá o dereito a exercer as facultades de edificación e uso dos eidos que lle conceden as presentes Normas Subsidiarias (N.S.), dentro dos límites e co cumprimento dos deberes establecidos na Lei do Solo e por remisión da mesma ás presentes Normas.
  3. Todo propietario de terreos ten o dereito de disfrutar dos beneficios resultantes da aplicación das presentes Normas, así como o deber positivo de repartir os mesmos equitativamente cos demais propietarios afectados, na parte que lle corresponda. Recíprocamente, todo propietario ten o deber de soportar as cargas que lle impoñen as Normas, e o dereito positivo de resarcirse equitativamente das mesmas, coa parte que lle corresponde dos beneficios outorgados polas Normas ós demais propietarios afectados.
  4. A ordenación do uso dos terreos e construccións non confire dereitos indemnizatorios, a excepción dos supostos que a Lei establece (artigo 6 (B) do T.R.).
  5. As ordenacións que impuxesen vinculacións singulares en orde á conservación de edificios, conferirán dereitos indemnizatorios en canto excedan dos deberes legais e na parte compensada polos beneficios que resulten de aplicación (art. 239.1 (B) do T.R.).
  6. A posible aplicación dalgunha das técnicas de redistribución sería incompatible cos dereitos indemnizatorios a que se refire o art. 239 T.R.
  7. A enaxenación de fincas non modificará a situación do seu titular en orden ás limitacións e deberes instituidos pola lexislación urbanística aplicable ou impostos, en virtude da mesma, polos actos de execución dos seus preceptos. O adquirinte quedará subrogado no lugar e posto do anterior propietario nos dereitos e deberes vencellados ó proceso de urbanización e edificación, así como nos compromisos que, como consecuencia do citado proceso, contraera coa Administración Urbanística competente.
  8. Os propietarios do solo urbano ou apto para urbanizar, unha vez incorporados ó proceso urbanístico, teñen as obrigacións materiais de urbanizar e edificar.

O feito de urbanizar implica dúas operacións:

  1. Equidistribuir e efectuar cesións legais.
  2. Satisfacer o custo da obra urbanizadora ou, no seu caso, executala.

Edificar, pola súa parte, supón solicitar a licencia urbanística e construir nos solares dacordo coa propia licencia.

O cumprimento destes duas deberes básicos determina a gradual adquisición das facultades urbanísticas (art. 20.2 e art. 23 e seguintes do T.R.).


  |   Inicio   |