TITULO III (INSTRUMENTOS DE EXECUCION)
- Os Proxectos de Urbanización son proxectos de obras que teñen por finalidade levar á práctica, en solo urbano, a execución das obras de urbanización correspondentes, das Normas ou dos Plans Especiais de Reforma Interior que o desenrolen e dos Estudios de Detalle, conforme ós artigos 92 (S) do T.R., e 67, 68 do R.P.; e en solo apto para urbanizar a realización material das propias dos Plans Parciais.
- As obras de urbanización a considerar no Proxecto de Urbanización, deberán incluir, as reseñadas no art. 155.1.a) (S) do T.R., as redes de gas, telefonía, e outras se así o estima oportuno o Concello, e terán que desenrolarse nos documentos seguintes, salvo que algún resultase innecesario, o cal deberá demostrarse:
- Copia oficial dos documentos do Plan ou Estudio de Detalle aprobado definitivamente, no que se basee o Proxecto de Urbanización que se pretende executar.
- Plano debidamente acotado, no que se fixen os límites da área afectada polo Plan, a cal se proxecta urbanizar, e no que se reflexarán a situación das obras, viais, parques, xardíns e demais espacios de uso público motivo de cesión ó Concello e os que queden en propiedade privada.
- Memoria resume que defina as características principais do conxunto e dos proxectos específicos parciais que integran o proxecto xeral, así como xustificación da participación pública.
- Proxecto específico ou capítulo independente para cada clase de obras ou servicios, que conterá:
- Memoria descriptiva do proxecto co detalle das solucións técnicas adoptadas, os criterios seguidos para cumplimentar os Regulamentos e Instruccións, e as Normas Municipais, os criterios xerais de cálculo, as características das obras, a conexión co exterior, os reaxustes con relación ás N.S., revisión de precios, presupostos, coordinación coas restantes obras de urbanización e que irá acompañada de anexos de cálculos xustificativos, características do proxecto e conformidade previa e expresa ós proxectos das instalacións no caso de que a execución, conservación ou explotación das mesmas dependan de organismos distinto do Concello.
- Planos de planta e dos perfiles lonxitudinais e transversais necesarios, así como os de detalle de cada un dos seus elementos e cantos sexan necesarios para definir concretamente as obras que se pretenden executar.
- Presupostos coas súas correspondentes medicións e cadros de precios.
- Prego de condicións técnicas e de condicións económicas e administrativas, nos que deberá fixarse os prazos e etapas de realización e recepción de obras, ademais de recoller as condicións e garantías que o Concello xulgue necesarias para a perfecta execución das obras, fixándose tamén que se farán a cargo do promotor as probas e ensaios técnicos que se estimen convenientes.
- En todo caso, esixirase ós promotores unha garantía equivalente ó 100 por 100 do presuposto das obras proxectadas, mediante fianza en calquera das formas admitidas pola lexislación local, conforme ós artigos 58 a 62, 40 e 41 do R.X., ademais do pago das tasas municipais de obras correspondentes.
- En xeral, non se permitirá a edificación en calquera parcela se non se cumpren os seguintes requisitos:
- Terse feito a urbanización das vías de acceso dentro do Polígono, e das exteriores de enlace cos restantes servicios xerais da cidade.
- Ter instalado os servicios mínimos que sinala o art. 70 do R.P., nas etapas da urbanización xeral, en que está incluída a referida parcela.
- Ter formalizado a totalidade das cesións, libres de cargas e gravámenes, fixadas nas Normas ou Estudio correspondente.
- O Concello poderá esixir a ampliación do proxecto cando se considere indispensable para enlazar os servicios cos xerais da cidade.
- Os Proxectos de Urbanización tramitaranse e aprobaranse conforme ás regras establecidas nos artigos 31 e 33 da L.S.G. Non obstante, cando se trate de proxectos parciais que non teñan por obxeto o desenrolo integral dunhas Normas Subsidiarias (N.S.), poderán seguir o trámite establecido para as obras municipais ordinarias, segundo precisa o art. 67.3 do R.P.
PROXECTOS DE EDIFICACION
- Os Proxectos de Edificación, segundo o seu obxeto, integraranse nos seguintes grupos:
- Proxectos que teñen por obxeto as obras a realizar nos edificios.
- Proxectos que teñen por obxeto obras de derrube.
- Proxectos de nova edificación.
OBRAS DE NOVA EDIFICACION
- De nova planta.- Son as de nova construcción sobor solares vacantes.
- De ampliación.- Son as que incrementan o volume construído ou a ocupación en planta de edificacións existentes.
- De sustitución.- Cando se levanta un novo edificio no lugar en que se derruba unha edificación existente ou parte dela.
- De reconstrucción.- Cando se realiza a reposición, mediante unha nova construcción, dun edificio preexistente no mesmo lugar, total ou parcialmente desaparecido reproducindo as súas características morfolóxicas.
CONDICIONS XERAIS DOS PROXECTOS DE EDIFICACION
- Os Proxectos de Obras de Edificación comprenderán Memoria descriptiva e xustificativa, Planos e Presupostos, e deberán redactarse coas características e detalle que require a debida definición das obras comprendidas, incluíndo, ademais, os complementos documentais específicos previstos no articulado seguinte para os distintos tipos de alza.
- Na Memoria describirase a obra ou instalación, así como a finalidade e xustificación da solución adoptada, poñéndose de manifesto o cumprimento das Normas Subsidiarias (N.S.).
- Os Planos de Emplazamento redactaranse sobor de copias da Cartografía Oficial. Os Planos de situación redactaranse, como mínimo, a escala 1/500 e con referencia a elementos urbanos e á parcelación e ordenación existente.
- Os Planos de Edificación faranse, como mínimo, a escala 1/100.
- Os apartados precedentes non serán de aplicación cando se trate de obras directamente relacionadas coa Defensa Nacional.
- Aquelas actuacións que, pola súa natureza, ou menor entidade técnica, non requiran a presentación de proxectos completos, poderán prescindir dos documentos que non sexan necesarios para a especificación das obras a realizar, podendo as actuacións de menor entidade acometerse por simple comunicación ó Concello.
DOCUMENTACION COMPLEMENTARIA ESPECIFICA DOS PROXECTOS DE EDIFICACION
A solicitude de licencia de obras nos edificios, ademais dos elementos esixidos nas ordenanzas municipais, deberá ser acompañada da documentación seguinte:
- Obras de Restauración.
- Descripción do marco referencial de orixe do edificio para o coñecemento das circunstancias en que se construiu, características orixinais e a súa evolución.
- Levantamiento a escala mínima 1/100 do edificio na súa situación actual (plantas, alzados exteriores e interiores, seccións, etc.) e das edificacións auxiliares e complementarias, así como as ampliacións de escala necesarias de detalles característicos.
- Descripción fotográfica do edificio no seu conxunto e dos seus elementos máis característicos, comparándoos coas do resultado final as zonas e elementos afectados.
Cando as obras de restauración afecten a parte do edificio, poderá reducirse a documentación a aportar ás partes que se proxecta restaurar a á súa relación coa totalidade dos edificios e os seus efectos, se os houbese, sobor do ambiente urbano.
- Obras de Acondicionamento ou de Restructuración.
- Levantamiento a escala mínima 1/100 do edificio na súa situación actual.
- Descripción fotográfica do edificio no seu conxunto e dos seus elementos máis característicos.
- Proxecto detallado das obras a realizar con cantos datos gráficos permitan valorar a situación final como resultado da execución das obras proxectadas.
- Proxectos de derrubamento.
- Os proxectos de derrubamento incluirán testimonios fotográficos do edificio ou a parte do mesmo que vai ser afectada.
- Obras de Reconstrucción.
- Se as obras de reconstrucción fosen dunha parte dun edificio, exporase no proxecto de reconstrucción de forma gráfica a relación coa parte na que se integra.
- Obras de Ampliación.
- Levantamiento do edificio a escala mínima 1/100 na súa situación actual.
- Descripción fotográfica do edificio en comparación coas características do resultado final.
|