Concello de Arteixo
Correo Novas Inicio
 
 Normas 1
 Capítulo 1
 Capítulo 2
 
 Normas 2
 Titulo I
 Titulo II
 Titulo III
 Titulo IV
 Titulo V
 Ordenanzas
 
 Índice

TITULO II: INSTRUMENTOS DE XESTION

INSTRUMENTOS DE XESTION

  1. A execución das Normas Subsidiarias corresponde a Entidade Local, sen prexuicio da participación dos particulares. Esta poderá, sen embargo, constituir sociedades mercantiles ou empresas de economía mixta segundo a lexislación aplicable en cada caso para a execución de Plans de Ordenación ou Normas Subsidiarias.
  2. As determinacións e previsións das presentes Normas Subsidiarias, serán de aplicación directa e inmediata, cando así resulte da normativa urbanística vixente, sen prexuicio das regulacións concretas que conteñan estas Normas e das relacións entre a iniciativa privada e a potestade administrativa ó traveso das canles de participación admitidas na vixente Lei do Solo e, en concreto, ó traveso das operacións de reparcelación ou cooperación.
  3. A distribución das obrigas e cargas dos propietarios do solo, realizarase de maneira xusta e equitativa entre os mesmos, xuntamente cos beneficios derivados do Planeamento ou reparcelación no sistema de cooperación, conforme ó disposto no artigo 154.1 (B) da actual Lei do Solo.

A delimitación de unidades de execución terá tamén en conta a distribución equitativa de beneficios e cargas, segundo o disposto no artigo 144.1 (B) da citada Lei do Solo.

Procederá, igualmente, a indennización sustitutoria entre os afectados, sen prexuicio da cesión obrigatoria do 15% restante do aproveitamento tipo da unidade de execución; cando, polas circunstancias da edificación nunha actuación urbanística, non fose posible levar a cabo a reparcelación material dos terreos de toda ou parte da mesma, superior a un 50% da superficie afectada.

  1. O costeamento das obras de urbanización estará a cargo dos propietarios afectados. O cumplimento das cargas, a que están suxeitos os propietarios, entre outras sinaladas pola normativa vixente e estas N.S., son as seguintes:
    1. Efectuar a cesion dos terreos adscritos a dotacións públicas de carácter local incluidos en Unidades de Execución (artigo 205.1 (B) do T.R.).
    2. Sufragar os custos de urbanización que comprenden: obras, indemnizacións e custos de Plans e Proxectos segundo o establecido no artigo 155.1 de T.R. (S).
    3. Non resulta inconveniente, en solo urbano, conforme ó artigo 39.1 e 41 do R.X. a urbanización e edificación simultáneas, xa que en solo urbano o dereito de aproveitamento urbanístico non deriva da urbanización, senón da aprobación do planeamento preciso.

EXECUCION DAS N.S. EN SOLO URBANO

  1. En solo urbano, as previsións e determinación destas Normas serán de apliación directa e inmediata, a excepción:
    1. No suposto de que sexa obxeto dun Plan Especial dirixido ó desenrolo do planeamento que configuran estas N.S., a ordenación sectorial, a realización de operacións urbanísticas específicas ou ó establecemento de medidas de protección do territorio.
    2. Cando se esixa por estas N.S., en supostos específicamente determinados, a formulación previa dun Estudio de Detalle e/ou un Proxecto de Urbanización.
    3. Cando se proceda ás operacións de reparcelación ou compensación, segundo os casos, para a equitativa distribución dos beneficios e cargas derivadas do Planeamento.
  2. O desenrolo da execución destas N.S. en solo urbano, realizarase ó traveso das Unidades de Execución cumprindo o disposto no artigo 143 (B) do T.R. coas súas seguintes excepcións:
    1. A realización de actuacións illadas en solo urbano.
    2. A execución directa das infraestructuras básicas do territorio ou dos elementos determinantes da súa estructura xeral e orgánica.
  3. As Unidades de Execución delimitaranse dacordo co establecido na lexislación urbanística vixente e en concreto co previsto nos artigos 144 (S) e 146 (S) do T.R. da Lei sobor do Réxime do Solo e Ordenación Urbana.
  4. Pasados dous anos desde a entrada en vigor das Normas, os propietarios dos terreos incluídos nunha mesma Unidade de Execución que representen polo menos 1/5 da superficie ou 1/3 do número total de propietarios poderán instar ó Concello á reducción da figura do Planeamento correspondente, presentando un avance da división poligonal (artigo 28.1 da L.S.G.).

    O plazo para a aprobación definitiva será de 6 meses contados a partires da aprobación inicial (artigo 33.4 da L.S.G.).

  5. Concello poderá esixir que a delimitación das Unidades de Execución e a elección dos sistemas de actuación sexa no mesmo intre á de calquera Planeamento Especial ou Ordenación de Detalle que desenrolen estas N.S.
  6. As parcelas de solo urbano, que non se atopen situadas en Unidades de Execución determinadas, poderán ser consideradas a tódolos efectos como Unidades de Execución independientes se cumpren, ademáis das condicións de xeral aplicación, as seguintes:
    1. Se están parcialmente afectadas por cesión de terreos obrigatorias e gratuitas.
    2. Se asumen dentro dos seus propios límites as cargas que lle corresponden dacordo coas presentes N.S.
  7. A realización de actuacións illadas en solo urbano queda exluída dos requerimentos sinalados polo artigo 143 (B) do vixente T.R.

    A delimitación destas actuacións illadas, que procedan segundo o establecido por estas N.S. ou que se executen en desenrolo daquelas por un Plan Especial de Reforma Interior previsto no artigo 85.1 a) (S) do T.R., efectuarase pola administración pública actuante mediante o sistema de expropiación contido na vixente Lei de Expropiación Forzosa.

  8. A execución das determinacións contidas nestas N.S. en solo urbano poderanse realizar ó traveso da formulación de Plans Especiais de Reforma Interior (P.E.R.I.), para operacións integradas, definidas no artigo 85.1.b) (S) do T.R.
  9. A delimitación do solo público, do privado e a cesión gratuita e obrigatoria á que fai referencia o artigo 20.1.a) (B) do T.R. non dará lugar a ningún tipo de compensación por tratarse dunha atribución do Dereito de Propiedade Urbana.

    A utilización do solo urbano, e en especial a súa urbanización e edificación deberá producirse dentro dos límites e co cumprimento dos deberes establecidos na vixente Lei do Solo e nestas N.S. segundo o disposto no artigo 8 (B) do T.R.

  10. De acordo co disposto no artigo 14 da Lei do Solo (T.R.), terán a consideración de terreos edificables as superficies de solo urbano aptas para a edificación que reúnan os requisitos que sinala o artigo 19 das vixentes Normas Complementarias e Subsidiarias da Provincia:
    1. Contar con acceso rodado en condicións que permitan a circulación de vehículos automóbiles para transporte de persoas e mercancías, coa calzada pavimentada.
    2. Abastecemento de auga que garanta a dotación mínima establecida polo Decrecto 311/1922, do 12 de novembro, da Xunta de Galicia.
    3. Evacuación de augas residuais mediante rede de sumidoiros.
    4. Existencia de liña de distribución de enerxía eléctrica.
    5. Instalacións de iluminación pública.

ELECCION DE SISTEMAS DE ACTUACION

  1. As unidades de execución desenrolaranse mediante algún dos sistemas de actuación previstos no artigo 148 (S) do T.R., compensación, cooperación ou expropiación, segundo a Administración elixa en cada caso.
  2. A modificación do sistema elexido deberá ser motivada por esixilo así o artigo 43.1 d) da Lei do Procedemento Administrativo, e se tramitará dacordo co disposto no artigo 146.2 (S) do T.R.
  3. Serán preferentes os sistemas de compensación e cooperación, a excepción de que por razóns de urxencia ou necesidade esixan a expropiación.

    En todo caso, procederá a aplicación do sistema de expropiación cando a Xunta de Compensación ou, no caso, o propietario único dos terreos da unidade de execución incumpran as obrigas inherentes ó sistema de compensación.

  4. Nas actuacións illadas, utilizarase a expropiación forzosa, con imposición de contribucións especiais, se fose necesaria a cesión de terreos e non resultase posible a xusta distribución de beneficios e cargas (art. 198 R.G.).

No caso de non ser necesaria a cesión de terreos por ser suficiente a execución de obras de urbanización, éstas realizaranse polo Concello, con imposición de contribucións especiais entre os propietarios especialmente beneficiados (art. 46 da L.S.G.).

Exceptúase deste tratamento o suposto contemplado no artigo 40 do Regulamento de Xestión sobor de garantías de realización das obras de urbanización por particulares.

PARCELACIONS URBANISTICAS

  1. Considérase Parcelación Urbanística a división simultánea ou sucesiva de terreos en dous ou máis lotes, realizada por particulares conforme ás normas de dereito común, cando poida dar lugar á constitución dun núcleo de poboación no xeito en que éste se define nas presentes N.S., dacordo co establecido na vixente Lei do Solo e na Lei 11/1985 do 22 de Agosto, de Adaptación da do Solo a Galicia.

    Será ilegal a efectos urbanísticos, toda parcelación que sexa contraria ó establecido nestas N.S., que infrinxan a vixente Lei 11/1985 ou o disposto nos artigos 257 (S) e 259 do T.R.

  2. As parcelacións en solos aptos para urbanizar están suxeitas ó cumprimento das seguintes condicións:
    1. A esixencia a priori dun Plan Parcial do Sector correspondentes conforme ó disposto no artigo 259.1 (S) do T.R.
    2. A suxección a licencia previa segundo o disposto no artigo 259.2 (S) e 178 do T.R.

    En solo non urbanizable non poderán realizarse Parcelacións Urbanísticas, ainda que será posible facer divisións e segregacións dos terreos sempre que ditos fraccionamentos non estén en contra do disposto na lexislación agraria, declarándose a tal efecto nestas Normas a innecesariedade da licencia municipal en ditos casos, dacordo co previsto no art. 259.3 de T.R.

  3. En ningún caso se considerarán solares nin se permitirá edificar neles os lotes resultantes dunha parcelación efectuada con infracción destas N.S., da vixente lei do Solo e da Lei 11/1985 do 22 de Agosto, de Adaptación da do Solo a Galicia, que lles sexan de aplicación.
  4. Nas Cédulas Urbanísticas que expida o Concello, farase constar a condición de indivisibles das parcelas que o sexan, dacordo coas condicións especificadas no artigo 258.1 (S) do T.R. O concello, de forma simultánea á concesión de licencia de edificación sobor dunha parcela comprendida en calquera dos apartados do sinalado artigo, comunicarao ó Rexistro da Propiedade, para a súa constancia no asenta da inscripción da finca.
  5. O Proxecto de Parcelación conterá os seguintes documentos:
    1. Memoria, na que se faga referencia às condicións de parcelación establecidas nas presentes Normas, con descripción de lindeiros, accidentes, topografía e superficie das fincas iniciais e resultantes de xeito preciso e que non dea lugar a confusión, ademáis de xustificación xurídica e técnica da operación de parcelación.
    2. Fotocopia certificada dos documentos catastrais e rexistrables que identifiquen as fincas iniciais.
    3. Plano de situación e parcelación en cartografía inicial.
    4. Plano de delimitación das fincas iniciais e finais á escala mínima 1/1.000.
  6. As divisións de fincas aplicarán a regra de lindeiros rectos e normais ás aliñacións Oficiais procurando a uniformidade no fraccionamento resultante.

REPARCELACION

  1. A Reparcelación, potestade urbanística, é a agrupación e integración das fincas comprendidas nunha Unidade de Execución para a súa nova división axustada ás N.S., con adxudicacións das parcelas resultantes ó propietarios das orixinairas na proporción ós seus respectivos dereitos e ó Concello na parte que lle corresponda conforme á Lei do Solo, art. 164.1 (S), a Lei 11/1985 do 22 de Agosto e a estas Normas.
  2. O obxeto da Reparcelación consiste en facer efectivo o principio da xusta distribución de beneficios e cargas do Planeamento, regularizando a configuración das fincas e situando o seu aproveitamento en zonas aptas para a edificación, seguindo as determinacións destas Normas, e localizando sobor das parcelas determinadas e nesas mesmas zonas o aproveitamento que, no seu caso, corresponda á Administración actuante (artigo 164.2 (S) do T.R.).
  3. A Reparcelación comprende tamén a determinación das indemnizacións e compensacións necesarias para que quede plenamente cumprido, dentro da unidade reparcelable, o principio dunha equitativa distribución entre os intereses dos beneficios e cargas da Ordenación Urbanística (art. 71.4 do R.X.).

    As compensacións económicas sustitutivas ou complementarias por diferencias de adxudicación que, no seu caso, procedan, fixaranse atendendo ó precio medio en renta das parcelas resultantes, sen incluir os custos de urbanización.

  4. Para a determinación das unidades reparcelables discontínuas, seguirase o procedemento previsto no artigo 146 (S) do T.R.
  5. Os acordos de reparcelación voluntaria producirán os efectos previstos no capítulo IV do Título III do R.X.
  6. Nos Convenios Urbanísticos acordados entre o Concello e os particulares afectados e que desenrolen ó traveso de Estudio de Detalle, o Proxecto de Reparcelación tramitarase conxuntamente co Estudio de Detalle correspondente.

REPARCELACION ECONOMICA

  1. Enténdese por Reparcelación Económica aquela que, aplicando o artigo 74 do R.X., ten por obxeto exclusivo a determinación das indemnizacións sustitutorias que procedan entre os afectados.

    Esta Reparcelación tramitarase dacordo co establecido no artigo 116 do R.X.

  2. O Concello, para facer efectivas as cargas correspondentes, poderá proceder á expropiación forzosa dos terreos obxeto de cesión, sendo beneficiarios desta expropiación aqueles propietarios ós que correspondería efectuar as cesións obrigatorias e gratuitas, que quedarían obrigados a satisfacer o importe da mesma en concepto de indemnización sustitutoria.
  3. Para todo o referente a procedemento e tramitación das reparcelacións estarase ó disposto na Lei do Solo e os seus Regulamentos, en especial ó Título III do de Xestión Urbanística e a canto se sinale nestas Normas.

    Sen prexuicio da aplicación, no seu caso, do procedemento xeral sinalado no citado Regulamento, artigos 101 a 114, aplicarase o procedemento abreviado nos supostos de reparcelación voluntaria seguintes:

    1. Acordo entre os afectados a que fai referencia o artigo 115 do R.X.
    2. Reparcelación económica limitda á determinación de indemnizacións sustitutorias sinaladas no artigo 116 do R.X.
    3. Reparcelación reducida a normalización de fincas para a configuración física das parcelas prevista nos artigos 117 a 121 do R.X.

REPARCELACIONS VOLUNTARIAS

  1. Reparcelacións Voluntarias a que fai referencia o artigo anterior tramitaranse polo procedemento abreviado sinalado no capítulo V do Título III do R.X.
  2. Os propietarios de parcelas poderán solicitar ó Concello, a efectos de cumprir ca súa obriga de contribuir ás cargas do Planeamento, a reparcelación voluntaria en solo urbano, delimitando unha Unidade de Execución, ou acompañar unha proposta de delimitación.
  3. Xunto á proposta de delimitación incorporarase unha de reparcelación na que os propietarios afectados se repartan equitativamente os beneficios e cargas do Planeamento, podendo ser a unidade reparcelable discontínua, e incluso referirse a parcelas illadas, sempre que quede asegurado o cumprimento das N.S., sen causar prexuicios a terceiros propietarios (art. 78.3 R.X.). A proposta de reparcelación formulada polos propietarios afectados e formalizada en escritura pública será tramitada segundo o procedemento previsto no artigo 115 do R.X.

APROVEITAMENTO REAL PERMITIDO POLO PLANEAMENTO

O aproveitamento real permitido polo planeamento corresponderase coa edificabilidade asignada polas Normas.

APROVEITAMENTO URBANISTICO SUSCEPTIBLE DE APROPIACION

De acordo co disposto no artigo 27.4 da Lei do Solo o aproveitamento patrimonializable polos propietarios en solo urbano será o 85% do permitido polo planeamento.

De acordo co anterior o restante 15% do aproveitamento lucrativo non se cede, senón que corresponde a Administración actuante.

AREAS DE TANTEO E RETRACTO

Delimítase nos Planos de Ordenación unha área de exercicio dos dereitos de tanteo e retracto a fin de levar a cabo a rehabilitación integrada da mesma, de acordo co previsto no art. 291 da lei do Solo, estando suxeitos o exercicio de tales dereitos tódalas parcelas e edificacións incluidas en dita delimitación, así como as transmisións de vivendas a que se refiren os apdos. 3 e 4 de dito artículo, e cos plazos que se establecen no apdo. 5 do mesmo.


  |   Inicio   |