Concello de Arteixo
Correo Novas Inicio
 
 Normas 1
 Capítulo 1
 Capítulo 2
 
 Normas 2
 Titulo I
 Titulo II
 Titulo III
 Titulo IV
 Titulo V
 Ordenanzas
 
 Índice

TITULO I: LIMIAR

NATUREZA E AMBITO DAS NORMAS SUBSIDIARIAS

  1. As Normas Subsidiarias, a partir dagora (N.S.) foron redactadas en cumprimento do disposto no Real Decreto - Lexislativo 1/1992, de 26 de Xuño, Texto Refundido da Lei sobor do Réxime do Solo e Ordenación Urbana (T.R.) e Regulamentos que a complementan: Regulamento do Planeamento - Real Decreto 2159/1978 do 23 de Xuño (R.D.U.), regulamento de Xestión - Real Decreto 3288/1978 do 25 de Agosto (R.X.) e Regulamento de Disciplina Urbanística - Real Decreto 2187/1978 do 23 de Xuño (R.D.U.), e a Lei 11/1985, do 22 de Agosto, da Comunidade Autónoma Galega sobor da adaptación da do Solo a Galicia (L.S.G.).
  2. As presentes Normas Subsidiarias teñen ámbito municipal e o territorio ó que abrangue é a totalidade do termo Municipal.
  3. En canto ó réxime urbanístico da propiedade do solo estarase ó disposto no Real Decreto Lexislativo 1/92, do 26 de xuño, que aprobou o texto refundido da Lei sobre Réxime do Solo e Ordenación Urbana.

VIXENCIA

  1. Segundo o disposto no artigo 70.2 da Lei de Bases do Réxime Local, o texto normativo das Normas Subsidiarias de Planeamento publicarase no Boletín Oficial da Provincia, e non entrará en vigor ata que se teña publicado completamente o seu texto e transcorrido o prazo legal de 15 días. A súa vixencia será indefinida (art. 125 (S) do T.R.) ademais do disposto no artigo 130 (S) d T.R., e como mínimo de 8 anos, sen prexuicio das súas eventuales modificacións (que terán que axustarse ó previsto nos artigos 128 (S) e 129 (S) do T.R.

REVISION

  1. Procederase á revisión das Normas Subsidiarias cando se produza algunha das circunstancias:
    1. Se as previsións dos niveis de dotación urbanística esixirán unha maior superficie de solo destinado a equipamentos públicos pertencentes a Sistemas Xerais, debido á entrada en vigor da disposición de rango suficiente que así o determinen (art. 25.2 L.S.G.).
    2. Cando exista un desequilibrio entre a realidade e as hipóteses das N.S., en canto ás magnitudes básicas de poboación, vivenda, e dinámica de emprego que obriguen a modificar sustancialmente os criterios xerais da ordenación.
    3. Cando se esgoten as previsións de crecemento sinaladas polas Normas.
    4. Cando as circunstancias o esixiran, o órgano competente da Comunidade Autónoma poderá ordenar motivadamento a revisión das N.S., previa audiencia das entidades locais afectadas acordando o procedente en canto á redacción.

A revisión das N.S. axustarase ás normas de competencia e procedemento do artigo 157 do R.P., con inclusión, no seu caso, das determinacións establecidas no art. 44 da L.S.G.

EFECTOS

  1. Dacordo cos artigos 131 (S), 133 (B), 134.1 (B) do T.R., as N.S. son executivas, públicas e obrigatorias.
  2. A publicidade das Normas conleva o dereito de calquera cidadán a consultar a súa documentación, en exemplar debidamente autentificado que, a tal efecto, estará a disposición do público nos locais que o Concello sinale (art. 164 do R.P.), ou obter información escrita sobor do réxime urbanístico aplicable a unha finca, unidade de execución ou sector (artigo 431 (B) do T.R.). A citada información deberá facilitarse no prazo dun mes, e expresará o grado de adquisición de facultades urbanísticas ata o intre de suministrarse a información (artigo 43.2 (S) do T.R.).
  3. A execución das Normas implica a declaración de utilidade pública das obras nelas previstas e da necesidade de ocupación dos terreos e construccións correspondentes ós fins de expropiación, así como ha habilitación para o exercicio dos órganos da Administración Pública Urbanística, segundo á súa respectiva competencia, das funcións enunciadas no art. 3 do T.R., no que sexa necesario para o cumprimento das súas determinacións.
  4. A obrigatoriedade das N.S. conleva o deber do cumprimento exacto de todas e cada unha das súas determinacións, tanto para o Concello e os demáis Organismos de Administración Pública, como para os particulares.

DOCUMENTACION DAS N.S.

CONTIDO E VALOR RELATIVO DOS SEUS ELEMENTOS

  1. O artigo 80.2 (S) do T.R. sinala que as presentes Normas Urbanísticas constitúen o documento número 4 das Normas Subsidiarias. Xunto cos planos de Ordenación que as complementan, prevalecen sobor dos restantes documentos das N.S. para o que nelas se establece en canto ó desenrolo, xestión e execución do planeamento, delimitando o contido urbanístico do dereito de propiedade.
  2. A Memoria constitue a exposición de motivos do Plan, sinala os obxetivos xerais da ordenación, e expresa os criterios e xustificación das determinacións das N.S., pero non é a súa motivación, operando supletoriamente en caso de conflicto entre outros documentos.
  3. Os Planos de Información proporcionan a información necesaria para a axeitada redacción das N.S., e contituen a descripción da realidade que se quere modificar coas N.S.
  4. Os planos de Ordenación conteñen e expresan gráficamente as determinacións sustantivas das N.S. son a expresión xeométrica da vontade creadora de consecuencias xurídicas para acadar a transformación do territorio planificado.
  5. Os demais documentos e estudios sectoriais que completan o expediente técnico das N.S. teñen carácter informativo e manifestan cales foron os datos e estudios que serviron para fundamentar as propostas das N.S.

  |   Inicio   |