Escudo do Concello

Concello de Arteixo

Correo Inicio

Natureza e parámetros das Ordenanzas Xerais

Definición

As ordenanzas xerais constituen a explicitación dos parámetros que regulan e axeitan as edificacións ás previsións de aproveitamento, ó tempo que ós criterios do ordenamento urbano, para os que son dadas, dentro do marco da normativa vixente de aplicación.

Aplicación

  1. As ordenanzas xerais son de obrigado cumprimento en todalas obras de novas construccións, na reestructuración das existentes, como en calquera acción urbanística de edificación ou aproveitamento levada a cabo no ámbito do ordenamento para o que foron redactadas.
  2. O cumplimento das ordenanzas xerais non dispensa da obriga do acatamento das disposicións legais do ordenamento xurídico ou procedementos administrativos, cos que as ordenanzas son compatibles ou, en todo caso, subsidiarias e complementarias.