Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > Comezan os trámites para crear unha nova área de ocio en Meicende

PUBLICACIÓN

Comezan os trámites para crear unha nova área de ocio en Meicende

10 May, 2024 | NOTICIAS

O concello de Arteixo tramitará nas próximas semanas un Plan Especial de Infraestructuras e Dotacións para crear unha nova área verde e de ocio en
Meicende.

O ámbito de actuación ten unha superficie de 134.718 m2, cunha proporción aproximada de 600 metros de largo x 225 metros de ancho.

Despois da aprobación deste plan especial, o concello contratará un proyecto de obra no que situará as zonas verdes, parque infantil e pistas multideporte o aire libre que darán servicio os veciños. Esta nova área verde virá a complementar o parque situado o carón do embalse de Meicende, e servirá para conectar peatonalmente distintas zonas de Meicende, posto que a nova área verde transcurre paralela a maioría das partes que conforman o núcleo urbano de Meicende.

A súa situación corresponde cos terrenos perpendiculares o embalse de Meicende. O ámbito está constituído polos antigos terreos agrícolas, hoxe en
desuso, que conformaban a agra dos núcleos de Meicende e Torroal, entorno ao val do Rego do Xuíz ou de Pastoriza, augas abaixo do Encoro de Meicende.

Os terreos hoxe se atopan entre o núcleo urbano de Meicende ao norte, a autoestrada AG-55 ao sur, o polígono industrial de O Petón ao leste, e o
Encoro de Meicende e a Rúa do Embalse ao oeste.

Como principais puntos de contacto coa estrutura urbana, o ámbito conta con frontes directas á Travesía de Meicende e á Rúa Touriñana, nos extremos
oeste e leste. A Rúa do Embalse actúa de acceso principal existente dende a Travesía de Meicende. Ábrese a posibilidade de completar os accesos ao
parque. Outros puntos de acceso secundarios son as rúas Ecuador, Chile e o viario dos núcleos antigos de Meicende e Torroal. Na delimitación inclúense
ademais certas parcelas urbanas de borde, destinadas a ampliar e mellorar os accesos ao futuro parque.

Ir al contenido