Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto
Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio > O Concello finalizou 2023 cun remanente real de 5,9 millóns de euros

PUBLICACIÓN

O Concello finalizou 2023 cun remanente real de 5,9 millóns de euros

19 Mar, 2024 | NOTICIAS, NOTICIAS PLENOS

O concello de Arteixo levará ao próximo pleno municipal a liquidación orzamentaria do ano 2023, que ofrece un remanente orzamentario de 5.927.101 euros.
A pesar de que o diñeiro líquido que ten nas contas bancarias o concello de Arteixo ascende a 11,6 millóns, o concello ten ao redor de 5,7 millóns de obrigacións de pago recoñecidas que se fixeron ou farán efectivas despois do 31 de decembro do 2023. Por outra banda, o concello tamén ten pendentes de cobranza varias partidas de fondos europeos de obras executadas dos Fondos Feder e Fondos Next do ano pasado que espera cobrar durante os próximos meses e que provocaron que na liquidación do 2023 haxa un déficit contable de preto de oito millóns de euros que se corrixirá durante estes meses en canto a Unión Europea ingrese as cantidades pendentes.
En canto á execución orzamentaria, o concello executou o 72,6 por cento do orzamento. Esta porcentaxe serían as obrigacións recoñecidas de pago por parte do concello no 2023, é dicir, os pagos realizados e as facturas aceptadas como válidas polo concello.
Hai que ter en conta que dentro desa execución orzamentaria faltan por contabilizar obras de carácter plurianual correspondentes ao capítulo de obras cuxa execución non se finalizou pero cuxa execución orzamentaria acabará sendo un feito durante este ano 2024. Unha destas obras, por exemplo, é a renovación do campo de fútbol de Arteixo, que se orzou por 987.000 euros nun modificado de crédito do 2023 pero que se executará a partir de abril para afectar o menos posible á tempada da liga de fútbol. Outra obra orzada no 2023 pero que debido a prazos de licitación e adxudicación de executará no 2024 son as obras de urbanización de varias rúas no barrio de Candame.Os traballos supoñerán un investimento de 540.000 euros orzados tamén no 2023. Outras obras actualmente en execución pero que se orzaron no 2023 son as obras de urbanización na contorna da zona escolar de Pastoriza, que suman investimentos por un total de 550.000 euros ou unha nova vía que se abrirá entre as rúas Torrente Ballester e República Arxentina por un total de 157.000 euros.
O concello de Arteixo aprobara un orzamento para o 2023 de 65,8 millóns de euros.

PODE SER DO TEU INTERESE …

Hemeroteca

Consulta todas as nosas noticias da nosa web

Logotipos

Imaxe corporativa e o seu manual de uso

Ir al contenido