Turismo

Turismo

Normalización Lingüística | Turismo

Arteixo Atlantico
Portal web de turismo de Arteixo

O Concello de Arteixo está situado no extremo occidental do Golfo Ártabro. Os Ártabros era unha etnia prerromana que habitaba esta zona.

A documentación máis antiga que coñecemos de Arteixo data do 26 de novembro do ano 942.

30.693 son os habitantes que configuran a poboación deste municipio (29/11/2010). No verán esta poboación multiplícase, gozando polo día dos nosos areais e calas de fina e branca area batida polas ondas bravas do Océano Atlántico, gozando de encontros gastronómicos, folclóricos, culturais, gozando do patrimonio arquitectónico, etnográfico ou inmaterial, das verdes paisaxes e, pola noite, esmorga, fervedoiro humano nas moitas festas que se celebran nas trece parroquias que configuran este termo municipal.

XML feed