Actividades

Esta fin de semana en Arteixo ...

Actividades | Cultura | Información

Actividades a destacar esta fin de semana en Arteixo

Inscricións de artistas e grupos para participar nos Circuítos Culturais de Setembro a Decembro

Actividades | Programacións | Xuventude

Concello de Arteixo
Os artistas locais, individuais ou en grupo, que desexen participar na serie de actuacións programadas nos Circuítos Culturais do Concello de Arteixo para os meses de Setembro, Outubro, Novembro e Decembro, poden consultar o seguinte arquivo, onde se explican as condicións de participación, límites de cachés, recursos materiais e espaciais e temporalización dos concertos.

IX Día do deporte na rúa

Actividades | Deportes | Información

Concellaría de Deportes deste Concello achega o deporte a todos os cidadáns a través do Día do Deporte na Rúa o vindeiro 27 de xuño de 12.00 a 14.00 e 17.00 a 19.00 h; unha xornada na que o Paseo Fluvial se transforma no espazo deportivo máis multitudinario do deporte para toda a veciñanza de Arteixo, onde teñen cabida numerosas modalidades deportivas, desde os deportes máis coñecidos ata aqueles denominados minoritarios.

Cruzando libros

Actividades | Información | Muller

Este programa nace dun convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral de Igualdade e a Consellería de Cultura e Turismo con algúns concellos galegos, entre eles o Concello de Arteixo, co obxectivo de fomentar a lectura entre a poboación.

O roteiro do Camiño de Santiago remata en Compostela coa presenza da alcaldesa

Actividades | Deportes | Información

Logotipo do Servicio Municipal de Deportes

Facendo un pequeño descanso na súa participación na Conferencia Politica que os Socialistas Galegos celebraban a pasado sábado en Santiago de Compostela, a Alcaldesa de Arteixo, Dna. Pilar Souto Iglesias, achegábase á Praza do Obradoiro para recibir aos 60 participantes na derradeira etapa do Roteiro Camiño de Santiago organizado pola Concellería de Deportes.

Campamentos de verán

Actividades | Educación | Información

Nas vindeiras vacacións de verán, o Departamento de educación manterá a mesma política de conciliación da vida familiar e laboral das familias de Arteixo. Para elo, poñemos en marcha un novo campamento urbán, coas características que abaixo se indican.

As actividades deportivas de verán encherán de saude e diversión o tempo de ocio dos arteixáns

Actividades | Deportes | Información

Surf, submarinismo, pilates, patinaxe e até capoeria. O Goberno de Arteixo presentaba o programa deportivo deste verán, organizado en colaboración con diferentes asociacións e clubes, e prácticamente todas as modalidades deportivas estaban contempladas nun programa que encherá Arteixo de actividades saudables e lúdicas durante dous meses completos.

Campamento de verán 2010 nas Bibliotecas Muncipais

Actividades | Biblioteca | Información

Logo Rede Municipal de Biblioteca

Coa chegada do bo tempo e das vacacións estivais, e, como cada ano, o Concello de Arteixo ten a intención de por en marcha os Campamentos de Verán.

O III Día da raqueta de Arteixo consolida a cita como un éxito de participación

Actividades | Deportes | Información

Logotipo do Servicio Municipal de Deportes

O día da Raqueta en Arteixo consolídase xa como unha das citas deportivas ineludibles para os máis novos do concello. Proba diso é a afluencia de público e de participantes que volveu ter unha vez máis este encontro.

Os xogos intercentros chegan ao Concello de Arteixo a fin de semana do 22 e 23 de maio

Actividades | Deportes

Logotipo do Servicio Municipal de Deportes

A fin de semana dos días 22 e 23 de maio, se celebrarán no pavillón deportivo municipal de Galán, os Xogos Intercentros. Nesta actividade participarán os alumnos que participan nas actividades deportivas extraescolares dos centros educativos do Concello de Arteixo, os CEIP Ponte dos Brozos, San José Obrero e Galán.”.

XML feed