Deportes

A Carreira popular de Arteixo afiánzase como "única" no calendario galego

Deportes | Deportes | Información

A proba de Arteixo é a única de toda a comunidade galega que segue a manter o seu carácter popular xa que non conbra inscrición ós participantes

Será o domingo 1 de maio e a organización establece un máximo de 2500 participantes.

Trial e triatlón na fin de semana deportiva da carreira popular

Deportes | Deportes | Información

O motoclub Saltamontes, o Club Triatlón Arteixo e o Club Motomontañismo Arteixo engaden variedade á axenda deportiva da ponte de maio

O sábado 29 de abril dispùtase o Campeonato Gallego de Trial Infantil e a I Trivolta a Galicia .

Arteixo adica máis de 260.000 euros á promoción do deporte

Deportes | Deportes | Subvencións

Hoxe firmáronse os convenios correspondentes o Club Xadrez Arteixo, Asociación Deportiva Di Som, SCR Suevos e Club Patinaxe Axel

As axudas deportivas beneficiarán a 36 entidades de diversas disciplinas deportivas co obxectivo de que promocionen a práctica deportiva entre os veciños. Arteixo recibiu no 2016 o Premio Galicia Saudable á entidade de carácter público destacada no fomento e na promoción da actividade física e dos hábitos de vida activa.

Ciclismo e trial protagonistas da fin de semana deportiva

Deportes | Deportes | Información

O comezo da temporada miniBtt e o campionato galego de trial marcan a axenda

Máis de 200 nenos se darán cita no sexto trofeo MiniBtt Concello de Arteixo que se disputará o sábado 22 de abril

Deportes e o Atlético Arteixo reúnen a dezaséis equipos no VI Torneo Infantil de fútbol 8

Deportes | Deportes | Información

Esta edición contará cos equipos habituais da zona de "As Mariñas-Arteixo" e "A Coruña", ós que se suman conxuntos de "A Costa" e de "Santiago".

O torneo se disputará o 13 de Abril no Campo Municipal Ponte dos Brozos e anexo.

A semana santa para xogar ó rugby

Deportes | Deportes | Información

As instalacións de Agarimo acollen entre o 10 e o 12 de abril un campus de rugby para nenos e nenas de 6 a 14 anos

Trátase dunha iniciativa do Club de Rugby Arquitectura Técnica en colaboración co Servizo Municipal de Deportes.

Coches, duatlón e cans na axenda deportiva da fin de semana

Deportes | Deportes | Información

Larín acolle entre o 24 e o 26 de marzo a XXII copa de España de cans de utilidade que organiza a Real Sociedade Canina de España

A oferta complétase co II Duatlón Concello de Arteixo que se disputa o domingo e o XI Rallye de Arteixo-Costa da Morte.

Judo e patinaxe na axenda deportiva da fin de semana

Deportes | Deportes | Información

O pazo dos deportes acolle nesta fin de semana o Trofeo Xunta de Galicia de patinaxe e o campionato escolar de judo "xogade"

A Federación Galega de Judo, en colaboración có Judo Club Arteixo, organiza un ano máis en Arteixo, este evento encuadrado dentro do Programa Xogade da Secretaria Xeral para O Deporte, e que se dirixe ás categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil. Será o domingo 19 de marzo de 10.00h a 13.30h

Clases de ximnasia para todos nos parques biosaudables do concello

Deportes | Deportes | Información

Un monitor titulado será o encargado de dinamizar cada un destes espazos unha hora por semana, en función das demandas dos veciños

O programa, que comeza o 20 de marzo e se prolongará ata o mes de xuño, chegará ós parques biosaludables de Oseiro, Larín e Lañas.

O Patin Axel celebra a súa gala anual

Deportes | Deportes | Información

Coa colaboración do Servizo Municipal de Deportes o Club Patin Axel presenta o próximo 11 de marzo un espectáculo para toda a familia

O prezo das entradas é de 3 euros, e poderanse adquirir no Complexo Deportivo Municipal de Arteixo, ou no Pazo dos Deportes de luns a venres en horario de 16.00 a 18.00h

XML feed