Información
A biblioteca Enrique Rabuñal contará cun sistema antifurto
Enviado por Alcaldia o xov, 2010-09-09 13:40 Biblioteca | Información
O Goberno de Arteixo decidía na Xunta de Goberno de onte mércores tomar cartas no asunto e tratar de evitar os furtos aos que se ve sometida a Biblioteca Henrique Rabuñal (Biblioteca Central de Arteixo), contratando un sistema antifurtos que pasará a estar operativo nas próximas semanas.
A Xunta de Goberto aproba a contratación provisional da Escola Infantil e do Centro Multiusos de Pastoriza.
Enviado por Alcaldia o mér, 2010-09-01 14:07 Alcaldia | Información
Dúas das obras máis importantes deste ano lexislativo recibían esta mañá a aprobación provisional das súas contratacións, na Xunta de Goberno de hoxe
O Concelleiro de Facenda expón os datos de investimentos en resposta ás críticas do voceiro popular.
Enviado por Alcaldia o mar, 2010-08-31 13:21 Alcaldia | Información
As críticas do voceiro popular, que aseguraba onte que os presupostos en investimentos estaban paralizados, obtiñan esta mesma mañá resposta por parte do Concelleiro de Facenda, D. Argimiro Rodríguez, quen optaba por deixar enriba da mesa os datos exactos de investimentos.
O Concello reitera a petición das chaves do novo CEIP Arteixo á Xunta
Enviado por Alcaldia o xov, 2010-08-19 09:21 Alcaldia | Información
A menos dun mes do comezo das clases, o Concello de Arteixo reiteraba onte martes á Xunta de Galicia a súa petición, remitida xa anteriormente, na que facía consta a necesidade de que o Goberno Autonómico remita as chaves do novo centro ao consistorio arteixán, que será o encargado do mantemento do mesmo, así como da contratación do servicio de conserxería.
A XXIII regata de embarcacións caseras chega ao porto de Suevos o vindeiro 22 de agosto.
Enviado por Deportes o xov, 2010-08-19 09:15 Deportes | Festas | Información
A creatividade dos arteixáns e as súas dotes como enxeñeiros poñense a proba novamente coa chegada da XXIII Regata de Embarcacións Caseras, que, como cada agosto, chega á praia de Suevos para demostrar que a navegación está ao alcance de todos, ainda que sexa dun xeito moi particular.
Larín celebras as súas festas en honor a San Roque
Enviado por Cultura o xov, 2010-08-19 09:08 Cultura | Festas | Información
A parroquia arteixana de Larín celebra a vindeira fin de semana as súas festas en honor ao seu patrón, San Roque, e arrancan os festexos o xoves 26 de agosto, ás 19:00 horas, con inchables e chuches de balde para os máis cativos, e cine ao aire libre, a través do programa “Noites de Cine” da Deputación Provincial, coa proxección, dende as 22:00 horas, do filme “Disaster Movie”.
A Alcaldesa de Arteixo lamenta a lentitude da Xunta en dar resposta ao traslado dos alumnos de Barrionovo
Enviado por Alcaldia o mér, 2010-08-18 12:33 Alcaldia | Información
A Escola Infantil de Barrionovo será finalmente remodelada e ampliada gracias aos fondos FEES do Estado destinados ao Concello de Arteixo, un proxecto que o Goberno Local presentaba á Xunta, para o seu coñecemento, no pasado ano 2009.
A exposición “ROSALÍA SEMPRE VIVA” abre as súas portas no Centro Cívico Cultural
Enviado por Cultura o mar, 2010-08-17 13:43 Cultura | Información
Dende hoxe martes 17 de agosto, e até o vindeiro venres 27, a exposición da Deputación da Coruña, “Rosalía Sempre Viva” abre as súas portas, en horario de 09:00 a 14:00 horas, para todos aqueles que desexen coñecer un pouco máis da figura da grande poetisa galega.
A Alcaldesa de Arteixo asina o convenio coa Banda de Música Santiago de Arteixo
Enviado por Alcaldia o mar, 2010-08-17 12:01 Alcaldia | Información
A Alcaldesa de Arteixo, Dna. Pilar Souto Iglesias, e o presidente da Banda de Música Santiago de Arteixo, José Manuel Bouzas Suárez asinaban esta mañá o tradicional convenio de colaboración entre ambas entidades, un acordo que posibilita a participación da Banda nalgunhas das citas máis destacadas do calendario festivo municipal, até un total de 12 actuación anuais.
O novo vehículo policial de Arteixo sustituirá a outro obsoleto
Enviado por Policía Local o xov, 2010-08-12 08:13 Información | Policía Local
A Alcaldesa Dna. Pilar Souto Iglesias, recibía esta mañá, xunto co Xefe da Policía, as chaves do novo vehículo da Policía Local de Arteixo, un coche adquirido pola modalidade de renting, cunha duración de tres anos, e que sustitúe a outro vehículo anterior, un Ford Focus, que quedara xa obsoleto.












