Actos

A Alcaldesa de Arteixo preside a homenaxe a Manuel Murguía no Día das Letras Galegas

Actos | Cultura

Concello de Arteixo

A Asociación de Veciños Manuel Murguía e o Concello de Arteixo homenaxeaban o pasado 17 de maio, Días das Letras Galegas, á figura do veciño arteixán e persoeiro das letras, D. Manuel Murguía, nun acto co que contaron coa Banda de Música Santiago Apóstol.

O Certame "Manuel Murguía" xa ten finalistas

Actos | Cultura | Información

O vindeiro sábado día 15, ás 18.00 horas, terá lugar no Centro Cívico Cultural de Arteixo a proclamación do relato gañador da 19ª edición do certame literario “Manuel Murguía” dotado con 3665 €, un certame literario que conta xa cunha longa tradición no Concello de Arteixo, e que este ano ten xa tres finalistas.

Gala Solidaria contra a Fame

Actos | Información | Xuventude

Os alumnos do IES Manuel Murguía presentan unha nova edición da Gala Solidaria contra a Fame apoiados pola Concellería de Xuventude

O Certame Manuel Murguía encherá de actos o Concello no mes de Maio

Actos | Cultura

O Concello de Arteixo pon en marcha un amplo programa cultural no mes das Letras Galegas no que destaca o teatro, a música e os actos literarios e que se concentrará maioritariamente nas instalacións do Centro Cívico Cultural de Arteixo.

Arteixo presenta o seu portal WEB das asociacións municipais

Actos | Información | Participación Cidadá

Participacion Cidada

Hoxe martes, ás 20:30 horas, as asociacións de Arteixo coñecerán de primeira man o portal web que o Goberno de Arteixo, a través da Concellería de Participación Cidadá, deseñou para permitir a todos estes colectivos asociativos, moi numerosos e activos no municipio, contar cun medio de comunicación propio, deseñado para dar cabida a todas as súas necesidades.

O Arteixo Solidario contará este ano cunha verbena, música nas rúas e diferentes actividades

Actos | Información | Servizos Sociais

“Arteixo ten demostrado sobradamente ser un pobo solidario, por iso iniciativas como está son cada día máis fortes”. A Alcaldesa de Arteixo, Dna. Pilar Souto Iglesias, non ten dúbida algunha sobre a implicación dos cidadáns no Arteixo Solidario, unha iniciativa que cada ano enche ar rúas de Arteixo de solidariedade e colorido..

Os integrantes da primeira plantilla do Hockey Club Coinasa Liceo acudirán ao C.E.I.P. Ponte dos Brozos

Actos | Deportes

Logotipo do Servicio Municipal de Deportes

Mañá martes 20 de abril, os integrantes da primeira plantilla do Hockey Club Coinasa Liceo, equipo que actualmente lidera a clasificación da O.K. Liga de hockey a patíns, acudirán ao C.E.I.P. Ponte dos Brozos a realizar un adestramento cos alumnos da actividade de patinaxe, que se imparte neste centro, dentro do programa de actividades deportivas extraescolares.

Charla Lei Estranxería - Modificacións da nova lei

Actos | Servizos Sociais

Charla informativa sobre a Nova Lei de Estranxería

O VIII Certame “Dora Vázquez” de xornalismo fai gañadora a Dna. Salomé da Torre López

Actos | Información | Muller

VIII Certame xornalístico Dora Vázquez

Oito anos de andadura, 21 artigos presentados, e unha gañadora, Dna. Salomé da Torre López. O VIII Certame Xornalísitco “Dora Vázquez” outorgaba a esta escritora o único premio -600 euros e a publicación do seu artigo- polo seu traballo “Discriminación a conveniencia ou a conveniencia da discriminación”.

O Concello de Arteixo repartirá preservativos e información nos locais de ocio nocturno

Actos | Servizos Sociais

Servizos Sociais

Dentro da Campaña de Prevención da SIDA que cada ano por estas datas pon en marcha o Concello de Arteixo a través da súa Concellería de Servizos Sociais e Sanidade, este ano os locais de ocio nocturno serán escenario do reparto de profilácticos e trípticos informativos.

XML feed