Cursos
Xornadas Navideñas.
Enviado por Emprego o lun, 2011-12-05 14:52 Cursos | Emprego | Información
Listaxe de admitidos para as Xornadas navideñas 2011
Xornadas Navideñas
Enviado por Emprego o mar, 2011-11-22 13:46 Cursos | Emprego
A Área de Emprego, Formación e Promoción Económica do Concello de Arteixo, organiza unhas novas Xornadas Navideñas,
As inscricións realizaranse do 28 de novembro ao 2 de decembro no Centro de Formación Ocupacional, Edificio de Servicios Sociais - Rúa Ría de Noia, 2. Teléfonos: 981 640572 – 981 640836.
Preescolar na Casa: reunión iniciais
Enviado por Educacion o mar, 2011-10-04 12:24 Cursos | Educación | ProgramaciónsPROGRAMA EDUCATIVO PREESCOLAR NA CASA
Preescolar na casa é un programa de formación de pais e nais sobre a Educación Infantil. Nel os profesionais da educación traballan conxuntamente coas familias que teñen nenos de 0 a 3 anos.
Esta acción educativa é totalmente gratuita e intenta chegar a todas as familias que a desexan.
Listado de alumnos admitidos no curso de Cociña
Enviado por Emprego o ven, 2011-09-09 12:18 Cursos | Emprego
Listado de alumnos admitidos no curso de Cociña, que comeza o día 12 ás 9:00 horas no Centro de Formación de Hostalería
III Taller de defensa persoal feminina
Enviado por Muller o xov, 2011-09-01 10:16 Cursos | Muller
A Asociación de veciños/as de Morás organiza o III Taller de defensa persoal feminina.
O prazo de inscripción remata o 5 de setembo.
Curso de cociña
Enviado por Emprego o xov, 2011-08-18 08:21 Cursos | Emprego
A Área de Emprego, Formación e Promoción Económica do Concello de Arteixo, organiza un curso de Cociña, que vai dirixido a persoas desempregadas residentes en Arteixo. (esta situación acreditarase coa demanda de emprego).
A inscrición realizarase do 24 de agosto ao 6 de setembro no Edificio de Servizos Sociais, Rúa Ría de Noia, 2, 2º andar
Os Arteixáns aprenderán a aforrar combustible e protexer o planeta cun curso de conducción eficiente
Enviado por Medio Ambiente o mar, 2011-04-12 09:39 Cursos | Medio ambiente
O Departamento de Medioambiente pon en marcha esta iniciativa buscando un uso máis racional dos vehículos
Que o combustible está alcanzando prezos case desorbitados non é ningún segredo, e, dende logo, esta suba afecta aos bolsillos dos conductores, tamén dos arteixáns. Por iso, e pensando en facilitar aos conductores un aforro considerable do seu gasto, e, ao mesmo tempo, salvagardar o noso planeta das nocivas emisións den CO2, o Concello de Arteixo pon en marcha un Curso de Conducción Eficiente, que se celebrará os días 25, 26 e 27 de abril.
Os 30 participantes nesta formación aprenderán a empregar máis correctamente o seu vehículo, aforrando así carburante e evitando emisións innecesarias ao medioambiente.
Os interesados poden solicitar a súa praza no Departamento de Medioambiente.
Datas: 25, 26, 27 de abril de 2011
Inscrición: No departamento de Medio Ambiente
Duración: Dúas horas (unha hora teórica e outra práctica)
Prazas: 30 (grupos de 4 participantes nos diferentes horarios)
Horarios: Mañán e tarde (a concretar durante a inscrición segundo se vaian cubrindo os grupos)
O CIM de Arteixo convoca un obradoiro de control de estrés
Enviado por Muller o mar, 2011-04-12 09:12 Cursos | Muller
Vivimos nun mundo en constante movemento, que nos obriga a permanecer sempre alerta, a adaptarnos e cambiar, ás veces demasiado rápido, de rexistro. Exísexenos demasiado, e, no caso das mulleres, a presión social para que sexan quen de abranguer todos os ámbitos da vida –traballo, familia, amigos, ocio-, fai que o estrés sexa o inimigo a bater.
Baixo estas premisas, o CIM de Arteixo convoca un Taller de Control do Estrés e a Ansiedade, que se celebrará o vindeiro 26 de abril nas instalacións do CIM.
Todas as interesadas poden dirixirse, até o vindeiro mércores 20 de abril, ao CIM de Arteixo, para formalizar a súa inscrición neste obradoiro gratuito.
Os novos cursos de formación do Concello de Arteixo buscan dotar de ferramentas aos demandantes de emprego
Enviado por Emprego o mar, 2011-02-01 10:06 Cursos | Emprego | Información
O Concello de Arteixo convoca sete novos cursos de formación dirixidos preferentemente a persoas desempregadas na procura dun traballo, seguindo coa liña de traballo que o Goberno de Arteixo leva desenrolando dende o comezo da lexislatura.
Estas novas convocatorias fan fincapé en formacións especialmente demandadas, e dotarán aos participantes dos coñecementos e ferramentas necesarios para enfrontarse ao mercado laboral con novas espectativas.
Os cursos están dirixidos preferentemente persoas desempregadas, inscritas como tal no Servicio Público de Emprego de Galicia, que residan no Concello de Arteixo. O número de alumnos/as por curso será de 15, excepto no curso de conductor/a de autobús que serán 12 persoas. A selección realizarase mediante valoración de entrevista persoal. No caso dos cursos de Internet e Informática Básica as prazas asignaranse mediante sorteo.
Non poderán repetir curso as persoas que o realizaron no ano 2010. Ao remate dos cursos entregarase un diploma acreditativo ao alumnado que asista a máis do 75 % das horas lectivas.
Buscando sempre facilitar o acceso a esta formación a todos os cidadáns que a precisen, todos os cursos son de balde e subministraráselle ás persoas asistentes o material necesario para o seu desenvolvemento.
O goberno de Arteixo retoma os cursos de linguaxe de signos tras o exito da anterior convocatoria
Enviado por Participación ... o xov, 2010-10-21 13:49 Cursos | Información | Participación Cidadá
As 15 prazas que o Concello de Arteixo puxo a disposición dos cidadáns para asistir ao curso de linguaxe de signos impartido a través da Concellería de Participación Cidadá o pasado mes de marzo deixaron a mel nos beizos a máis de un, e unha lista de espera considerable. E os 15 afortunados que puideron asistir ao primeiro curso quedaron tamén con ganas de maís.

















