Cursos
Listaxe de persoas admitidas no Curso de Iniciación á Informática para adultos
Enviado por Participación ... o ven, 2012-03-23 15:59 Cursos | Participación Cidadá
O curso comeza o vindeiro luns, 26 de marzo de 2012, e se prolongará até o 30 de maio. Terá lugar os luns e mércores en horario de 19:30 a 21:30 na aula de informática do Centro Tecnolóxico de Arteixo.
Sorteo de prazas para o Curso de Iniciación á Informática para adultos
Enviado por Participación ... o xov, 2012-03-22 11:11 Cursos | Información | Participación Cidadá
A Concellaría de Participación Cidadá sortea as 15 prazas do 1º Curso de Iniciación á Informática para adultos que organiza o departamento. Será mañá venres, 23 de marzo de 2012, no Salón de Plenos da Casa Consistorial ás 12 horas do mediodía mediante Sorteo Público.

O prazo para anotarse remata hoxe ás 14 horas.
AXUDAS PARA INMERSIÓN LINGÜÍSTICA: 6º educación primaria a Formación Profesional
Enviado por Xuventude o mér, 2012-03-14 11:11 Cursos | Informativo | Xuventude
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca 2.495 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012.
Poderá solicitar estas axudas o alumnado de centros sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma Galega dende 6º de Educación Primaria ata Formación Profesional.
Toda a información pode ser consultada aquí.
Curso de iniciación á informática para adultos
Enviado por Participación ... o mar, 2012-03-13 12:36 Cursos | Participación Cidadá
A Concellaría de Participación Cidadá organiza un curso de iniciación á informática para adultos, dada a crecente demanda por parte da cidadanía e tendo en conta a importancia do uso e conocemento das novas tecnoloxías na actualidade.
O departamento pretende así achegar a informática a aquelas persoas que nunca ou case nunca manexaron un ordenador para que poidan aprender as diferentes utilidades do sistema. A formación será impartida por Naranco Galicia S.L. e o temario comprende dende o máis básico até chegar a manexar un equipo, utilización do procesador de textos, programa de presentación multimedia e Internet.
As clases realizaránse na aula de informática do Centro Tecnolóxico de Arteixo os luns e mércores en horario de 19:30 a 21:30 horas, dende o 26 de marzo ao 30 de Maio de 2012.
O curso conta con 15 prazas con preferencia para empadroados no municipio. No caso de que o número de inscritos supere o de prazas ofertadas, éstas designaránse mediante sorteo público.
Seminario de eficiencia enerxética
Enviado por Medio Ambiente o ven, 2012-03-02 10:35 Consumo | Cursos | Medio ambiente
DATAS E HORARIO
- xoves, 8 de marzo de 2012. 19:30 h
- venres, 9 de marzo de 2012. 19:30 h
- sábado, 10 de marzo de 2012. 10:30 h
OBXECTO
O obxecto desta actividade é o de conciencienciación para facer un uso óptimo da enerxía, dando a coñecer as novas tecnoloxías que se poden atopar no mercado para o alumeado, electrodomésticos e vehículos eléctricos. Asemade, se formará para que cada participante poida facer no seu fogar ou no seu comercio unha interpretación da factura eléctrica, así como unha avaliación sobre a diversidade de tarifas para unha mellor escolla particular da mesma.
4º Plan Municipal de Formación do Concello de Arteixo, listaxe de admitidas/os
Enviado por Emprego o ven, 2012-02-03 12:11 Cursos | Emprego | Información
Relación de candidatas/os admitidas/os excluídas/os no proceso de selección para os cursos del 4º Plan Municipal de Formación do Concello de Arteixo:
Relación de solicitudes para participar nos cursos do 4º Plan Municipal de Formación para o Emprego
Enviado por Emprego o lun, 2012-01-30 11:23 Cursos | Emprego
As/os candidatos están convocadas/os para a entrevista persoal no Centro Tecnolóxico de Arteixo, Avda Arsenio Iglesias, parcela, nº: 46, polígono de Sabón, nas datas e horarios que se relacionan a continuación: ( Ver o escrito )
Reforzo educativo
Enviado por Informatica o lun, 2012-01-23 14:18 Cursos | Servizos Sociais
O Departamento de Servizos Sociais convoca a inscricion da actividade de REFORZO EDUCATIVO.
Aprendizaxe das linguas da sociedade de acollida
Enviado por Servizos Sociais o lun, 2012-01-23 13:54 Cursos | Servizos Sociais
O programa de aprendizaxe das linguas da sociedade de acollida diríxese a poboación inmigrante como complemento da súa acollida na comunidade de destino para o que se ofrece unha alternativa de formación que reforce o seu coñecemento das linguas favorecendo, deste xeito, a súa integración.
4º Plan Municipal de Formación para o Emprego
Enviado por Emprego o ven, 2012-01-13 09:24 Cursos | Emprego
Dende o día 16 ata o día 25 de xaneiro do presente ano, está aberto o prazo para inscribirse nos cursos do 4º Plan Municipal de Formación para o Emprego.
As persoas interesadas poden solicitar máis información no Departamento de Emprego, Formación e Promoción Económica.

















