Normalización Lingüística

Os alumnos do IES Manuel Murguía volven a protagonizar unha edición do programa "Xantar"

Información | Normalización Lingüística

A iniciativa, que pon en marcha o departamento de promoción económica, pretende unir hostalería e turismo para dar pulo e esplendor ó uso da lingua galega

O programa Xantar Arteixo 2016 recupera o traballo dos alumnos do IES Manuel Murguía na súa primeira coa distribución de 15.000 manteles individuais de que levan impreso un mapa do concello, con estradas e autoestradas, coas parroquias e algúns núcleos de poboación, microtoponima do litoral e os principais recursos turísticos cos que conta este municipio.

Ano 2016

Información | Normalización Lingüística

O programa "Falaredes" trae a Arteixo música para "Xente Miúda"

Información | Normalización Lingüística

A iniciativa do programa de dinamización lingüística da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia chegará ó noso concello o 23 de abril próximo

O obxectivo é aprendizaxe de cancións infantís cuxa temática ten que ver co mundo dos máis pequenos. Algúns temas tratan de reflectir e crear recursos para as familias e educadores que necesitan de temas lúdicos para levar a cabo as súas rutinas coma gardar os xoguetes, alimentación saudable ou parabéns no aniversario, entre outros.

Os Axóuxeres chegan novamente co mes de setembro

Información | Normalización Lingüística

O Concello de Arteixo foi incluído na programación 2015 dos Axóuxeres da Secretaría Xeral de Política Lingüística para acoller o 12 de setembro este evento dirixido a nenas e nenos de 0 a 6 anos e ás súas famil

O obxectivo desta iniciativa é a promoción da transmisión interxeracional da lingua galega e consisten nun espectáculo teatral-musical para bebés e para familias.

Os axóuxeres volven a Arteixo en setembro

Información | Normalización Lingüística

O Concello de Arteixo foi incluído na programación 2015 dos Axóuxeres da Secretaría Xeral de Política Lingüística para acoller o 12 de setembro este evento dirixido a nenas e nenos de 0 a 6 anos e ás súas famil

O obxectivo desta iniciativa é a promoción da transmisión interxeracional da lingua galega e consisten nun espectáculo teatral-musical para bebés e para familias.

O I Certame xuvenil de relato curto “Rosalía de Castro” protagoniza a III edición do programa "Xantar Arteixo"

Información | Normalización Lingüística

Logotipo do Departamento de Turismo e Normalización Lingüística

A iniciativa, que pon en marcha o departamento de normalización lingüística, pretende unir hostalería e turismo para dar pulo e esplendor ó uso da lingua galega

Son 15.000 exemplares de gardacubertos en seis modelos diferentes nos que, á parte dos relatos, se imprimiron outras tantas fotografías significativas do municipio.

Nova edición do premio "Rosalía de Castro" para a promoción da lingua e cultura galegas

Información | Normalización Lingüística

O premio “Rosalía de Castro” de Lingua e Cultura 2015 está dotado coa cantidade de 4.500€ e o prazo de presentación de candidaturas remata o 30 de abril

A Deputación da Coruña convoca a VI edición do premio “Rosalía de Castro” de Lingua e Cultura. O galardón pretende recoñecer iniciativas, traballos recentes, traxectorias de persoas individualmente, colectivos ou entidades comprometidas coa promoción e dignificación social do patrimonio lingüístico e cultural.

Galego sen fronteiras

Información | Normalización Lingüística

Logotipo do Departamento de Turismo e Normalización Lingüística

A Real Academia Galega convoca a XXVIII Edición dos Cursos de verán de lingua e cultura galegas. Estes Cursos están destinados a persoas de fóra de Galicia, nos niveis Elemental, medio e superior. Celebraranse entre o un e o vinte e catro de xullo deste ano que andamos en Santiago de Compostela.

Ano 2015

Información | Normalización Lingüística

Logotipo do Departamento de Turismo e Normalización Lingüística

Calendario Galego Municipal 2014

Información | Normalización Lingüística

Dende o Departamento de Normalización Lingüística do Concello de Arteixo editouse un ano máis, e xa van quince, o Calendario Galego Municipal 2014, cuxo obxectivo fundamental é a promoción e a dinamización lingüística.

Desta volta está dedicado á Etnografía e aos Oficios tradicionais para cuxa elaboración se realizou unha pescuda etnográfica, lembrando e testemuñando a forma de vida dunha época non tan afastada da actual, pero que mor da revolución tecnolóxica, xa está a piques de desaparecer.

XML feed