Radio

Radio

Logotipo de Radio Arteixo

A radio Municipal de Arteixo, 102Fm, como medio de comunicación público, ten no cidadán a súa principal base de funcionamento.

A actual programación, eminentemente informativa e participativa, pretende ofrecerlle á veciñanza unha ampla perspectiva, do que acontece na vida municipal sen perder de vista o que o rodea. Así os espazos fixos dos que consta a actual grella son, ademais dun espazo de entretemento unha opción de consulta para o oínte.

Cuestións de ámbito estatal relacionadas co cambio de moeda, o aforro, a seguridade cidadá, o tráfico ou o deporte, son analizadas, grazas á colaboración de especialistas, desde a perspectiva local e máis cercana á audiencia. Os oíntes teñen a posibilidade, nestes espazos, de facer consultas persoais.

A información é outra das bases da actual programación. Dous resumos informativos diarios pretenden ofrecer unha visión en tempo real, do que acontece no municipio: actualidade política, sucesos, cultura, movemento veciñal, comunidade escolar ...

No espírito da Radio ten especial relevancia a participación. A través do teléfono directo (981 640 293) ou do contestador automático recollemos as opinións ou informacións que a audiencia queira compartir. Ademais ofrécense semanalmente distintos concursos, baseados na participación do oínte que buscan, principalmente, o entretemento.

Nesta liña de participación a Radio Municipal reserva unha hora diaria e catro na fin de semana para que a veciñanza dispoña da posibilidade de elaborar o seu propio programa radiofónico.