Normalización lingüística

Normalización Lingüística

Logotipo do Departamento de Turismo e Normalización Lingüística

Segundo a profesora Mª Teresa Cabré i Castellví, os servizos de normalización lingüística son "unidades de traballo, dentro dun organismo complexo, que organizan e resolven todas as necesidades que o organismo ten sobre a lingua e os modelos lingüísticos que terá que utilizar para resolver os seus documentos de traballo, co obxectivo de vehicular as súas comunicacións co exterior, coa finalidade de se relacionar profesionalmente dentro do organigrama, así como para contribuír á extensión social do uso da lingua propia".

Un concello ou unha empresa que pretende transmitir unha imaxe de calidade ten que coidar a lingua que utiliza para promocionar os seus proxectos ou os seus produtos e para relacionarse coa cidadanía e cidadáns coa súa clientela e cos seus provedores, do mesmo xeito que fai cando se preocupa por coidar aspectos coma a súa imaxe corporativa, a embalaxe dos seus produtos ou a imaxe externa das súas instalacións.

Unha administración moderna, eficaz e ao servizo da poboación préstalle máis importancia á racionalización e simplificación dos procedementos, á información cidadá e á linguaxe de comunicación coa veciñanza.

A constitución de servizos lingüísticos na Administración Local é a mellor forma de responder ás anteditas necesidades, de aí que a Xunta de Galiza promova tanto o mantemento dos xa existentes coma a constitución doutros.

Quen pode solicitar os servizos do departamento de turismo e normalización lingüística?

Este departamento, á parte do seu labor interno, tamén lle presta os seus servizos a calquera persoa particular, empresa, asociación ou entidade que os demande tanto de asesoramento coma de tradución ou corrección de textos e, mesmo de tramitación de subvencións para fomentar o uso social da lingua galega; lingua vehicular utilizada nas publicaciÃóns e materiais de dinamización turística.

Proxecto toponimia de Galiza

Realizouse o Proxecto Toponimia de Galiza neste concello polo que tamén se presta asesoramento toponímico.