PONLLE O CHIP. PONTE O CHIP.
Mais, a hora de adquirir un animal de compañía non so temos que ser conscientes das obrigas e prevencións que debemos adoptar, senón que tamén debemos estar seguros de que o noso ritmo de vida se adecúa perfectamente a nova vida co animal. Ademais, temos que ter en consideración outros aspectos como a lonxevidade ou o propio benestar do animal.
Entre os obxectivos que persegue a Campaña de Sensibilización sobre animais de compañía é o de concienciar aos posuidores para que cumpran a Ordenanza Municipal reguladora da posesión e custodia de Animais de Compañía, (BOP Nº 178, do día 04 de agosto de 2004), incidindo nas seguintes obrigas e prevencións:
- Mantelos en boas condicións hixiénico-sanitarias e realizar calquera tratamento preventivo ou vacinación que se declarasen obrigatorios, ou que sexan necesarias para o seu benestar ou para protexer a saúde pública
- Proporcionarlles a alimentación, a auga e os coidados que estean en consonancia coas necesidades fisiolóxicas e etolóxicas do animal.
- Non abandonalos.
- Os propietarios, criadores ou posuidores dos animais terán a obriga de identificalos, ben nos seus tres primeiros meses de vida ou ben no mes seguinte ao da súa adquisición.
- A identificación consistirá no implante dun micro - chip portador dun código alfanumérico.
- Inscribilos administrativamente no censo ou no rexistro municipal correspondente, despois da súa identificación.
- Adoptar as medidas precisas para impedir que ensucien as vías e espacios públicos de zonas urbana, debendo recoller os excrementos que os animais depositen na beirarrúas, vías e espazos públicos ou privados.
- Adoptar as medidas necesarias para que o animal non poida acceder libremente ás vías e espazos públicos ou privados.
SORTEO DE REVISIÓNS NAS CLÍNICAS VETERINARIAS
No ámbito desta campaña realizarase un sorteo de 6 revisións ordinarias a 6 animais debidamente inscritos no Censo Municipal de Animais de Compañía e no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos. Destas 6 revisións, 3 ás fará a Clínica Veterianaria Arteixo e as outras 3 a Clínica Veterinaria Travesía. O sorteo se realizará na Comisión informativa de Medio Ambiente do mes de maio e o modo e a forma do sorteo se determinará na mesma comisión. Entendese por revisión ordinaria no ámbito deste sorteo a acción de chequear ou examinar o animal para valorar o seu estado de saúde. Non será obxecto desta revisión ordinaria o tratamento de enfermidades ou lesións que o animal poida padecer.
Máis información: 981641815
www.arteixo.org












