CAMBIOS NA TARIFA NOCTURNA

O Real Decreto 1634/2006 de 29 de decembro polo que se establece a tarifa eléctrica a partir do 1 de xaneiro de 2007. Supón a desaparición da actual tarifa nocturna a partires de xullo de 2008, o que afectara aos veciños que teñan instalado acumuladores eléctricos nos seus fogares.
Establécense tarifas progresivas en función da potencia contratada, que a partir de agora non será “ilimitada” no horario valle, polo que deberá contratarse a mesma potencia tanto para o horario punta (diúrno) como para o valle (nocturno), algo que coa tarifa nocturna non sucedía xa que se contrataba potencia en función do consumo necesario para as horas punta. No sistema de tarifas anterior non era necesario incluír no cálculo de potencia ao contratar o consumo de, por exemplo os acumuladores de calor, así como de todos aqueles aparellos que puideramos usar só pola noite. Ademais o prezo do Kw consumido era o mesmo independentemente da potencia contratada.
Agora o prezo do Kw vai aumentando segundo vai aumentado o consumo, de maneira que fronte aos 2 tipos de tarifa vixentes ata o 2007, o novo decreto crea 5 tramos en función da potencia necesaria a contratar e en cada un deles o prezo do Kw varía:
- 1.0: Menor de 1kW
- 2.0.1: Entre 1 kW y 2,5 kW
- 2.0.2: Entre 2,5 kW y 5 kW
- 2.0.3: Entre 5 kW y 10 kW
- 3.0.1: Entre 10 kW y 15 Kw
Cambia tamén o horario no que se aplica a nova tarifa, si antes era de 8 horas (de 23: 00 a 07:00 en inverno e de 00:00 a 08:00 horas no verán) a partir de agora, o horario valle aumentará ate 14 horas diarias para quedar:
- Punta: de 12 a 22 horas / Val: de 22 a 12 horas (inverno)
- Punta: de 13 a 23 horas / Val: de 23 a 13 horas (verán)
Aqueles fogares que tiveran a tarifa nocturna 2.0 (antiga), poden seguir acollidos a esta tarifa segundo establece a disposición transitoria cuarta del citado R.Decreto nas mesmas condicións, pero agora a potencia a contratar, ao igual que na nova modalidade, será a máxima prevista a demandar considerando tanto as horas punta como as horas valle.
Esto foi modificado polo Decreto 871/2007 de 29 de xuño, polo que se adaptan as tarifas eléctricas a partir do 1 de xullo de 2007, no que na súa disposición transitoria primeira (adaptación da tarifa 2.0 con discriminación horaria nocturna) establecese que a partir do 1 de xullo de 2008 desaparece a citada tarifa e que aqueles suministros que á entrada en vigor do citado R.D. estiveran acollidos a esta tarifa poderían seguir acollidos ate a citada data.
Nestes casos (conservación do contrato antigo) o prezo do Kw será de:
- Hora punta: 0,099012 Euros/Kw/Hora
- Hora valle: 0,044899 Euros/Kw/Hora
Os prezos son considerablemente inferiores aos da nova tarifa nocturna, si ben, o número de horas en horario reducido tamén é menor. O prezo do horario punta é o dobre que o de valle e lixeiramente superior ao de un contrato normal, mentres que na nova tarifa o prezo da hora valle é moi similar (0,04 euros/kw/hora) mentres que el consumo en horas punta se dispara ata case triplicar ao valle (0,12 euros/kw/hora).
Máis información na web do Instituto Enerxético de Galicia ( www.inega.es ). Descargar folleto informativo en formato pdf
Tódolos veciños afectados poden enviar escrito protestando por estas medidas ao:
MINISTERIO DE INDUSTRIA,TURISMO COMERCIO
Pº de la Castellana, 160
C.P:28071, Madrid
Tel: 902 446 006
Ou a través da súa páxina web ( www.mityc.es )
- Atención o ciudadano
- Contáctenos
- Formulario consultas, ( Solicitude de información administrativa ).
- Quejas y sugerencias (nos indican como presentar reclamación).
- Documentación. Descargar impreso de reclamación ( pdf )
- Enviar.
Xa que se entende que o acordo supón unha rescisión unilateral do contrato.
Polo que se debe pedir que quede sen efecto o acordo e se manteña os seus termos orixinais da tarifa nocturna contratada.












