A Concellería de educación fai pública a súa oferta de campamentos de verán

Educación | Información

Logo departamento de Educacion

O prazo de inscrición permanecerá aberto entre o 23 de maio e o 6 de xuño próximo

A Concellería que dirixe Celina Varela oferta un campamento de verán con distintas actividades centradas na ecoloxía, os idiomas ou o deporte; e unha nova edición do obradoiro musical

O Campamento de Educación desenvolverase ao longo de todo o verán desde o día seguinte de remate do curso actual ata o día anterior ao inicio do curso próximo. O obradoiro será entre o 10 e o 21 de xullo e as prazas, neste caso, son limitadas.

Medio Ambiente, "ola mundo", a riqueza das civilizacións ou os oficios tradicionais. Son os temas que este ano aborda o Campamento de Educación. Será ó longo de todo o período de vacacións escolares e ofrece todos os servizos de conciliación familiar.

Podes decarregar aquí a Folla de Inscrición do Campamento de Educación

A concellería de educación tamén repite este ano o Obradoiro Musical que estará conducido pola temática “A máquina do tempo musical” , e coa que a rapazada realizará Unha viaxe pola historia da música a través de
traballos manuais, traballos plásticos, atrezzo, e outras actividades musicais.

Para este obradoiro, que costará 40 euros, só haberá 36 prazas dispoñibles. No caso de que a oferta supere o número de prazas, realizarase sorteo público o 9 de xuño ás 10.00 h.

Descarga aquí a Folla de Inscrición do Obradoiro Musical

Para inscribirse, antes das 14.00 h do 6 de xuño, hai que acudir á Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa, na Avenida dos Bosques nº 16, ou chamar para máis información ó 981 64 72 94.