O CIM pon en marcha unha campaña para a prevención de infartos en mulleres

Actividades | Información | Muller

Trátase dunha iniciativa impulsada polo Centro de Información ás Mulleres en colaboración coa Fundación MAPFRE, a Fundación Española do Corazón, Fundación ProCNIC e a Comunidade de Madrid,

O 25 de abril próximo as mulleres que o desexen poderán achegarse ó autobús informativo que estará situado na Avenida Finisterre, 179, ao carón da parada de taxis de Arteixo.

O autobús contará con persoal médico que fará un breve cuestionario de saúde e unhas probas diagnósticas gratuítas como determinación rápida de colesterol, tensión arterial, perímetro de cintura e IMC; e informarán ás mulleres dos datos resultantes.