Ciclismo e trial protagonistas da fin de semana deportiva

Deportes | Deportes | Información

O comezo da temporada miniBtt e o campionato galego de trial marcan a axenda

Máis de 200 nenos se darán cita no sexto trofeo MiniBtt Concello de Arteixo que se disputará o sábado 22 de abril

Arteixo convértese este próximo sábado na sede que da comezo á tempada MiniBTT da Federación Galega de Ciclismo que consta de 20 probas. Comezará ás 11.00 h. Pola tarde, terá lugar o 12º Trofeo BTT-XC Concello de Arteixo, carreira que está dentro do Open de Galicia XCO 2017 e que é a 1º carreira do V Circuito Deputación da Coruña, que contará coa asistencia de preto de 180 corredores de entre 15 e 60 anos.

Xa o domingo 23 de abril o protagonismo o tomarán as motos.

Celébrase a terceira proba do Campionato galego de Trial Absoluto no Monte de Subico, situado na periferia de Arteixo, cara a parroquia de Loureda en (O Foxo), o Trial Club Coruña organiza esta competicion en colaboración co Concello de Arteixo, a Federación Galega de Motociclismo e o M.C.Saltamontes. Participan os mellores pilotos de Galicia nas cinco categorías que compoñen o campionato Galego,TR-1 TR-2 TR-3 TR-4 e TR-5, categoria de xóvenes promesas.

As zonas onde se celebra o campionato son accesibles aos afeccioados e ao público en xeral que se quera achegar a ver esta especialidade tan espectacular dentro do deporte do motociclismo. A organización recomenda que se acceda a pé desde a estrada de Loureda e suba por O Foxo hasta as zonas da competición.