A escola de Barrañán se convertirá no novo centro cívico da parroquia

Alcaldia | Información

Será a segunda obra nun espazo habilitado como centro cívico que o concello proxecta para este ano despois do que se prevé en Oseiro e que costará uns 700.000 euros

O Concello prevé investir neste proxecto 240.000 euros dos que 70.000 se inclúen no modificado de crédito que o executivo pretende aprobar no pleno extraordinario que se celebra o próximo venres 21 de abril.

O novo centro, consensuado coa Asociación de veciños de Barrañán, disporá de dúas salas polivalentes de cen metros cadrados cada unha, e que servirán para o desenvolvemento de actividades municipais e reunións dos veciños. O obxectivo é dotar ó centro de maiores posibilidades e de eliminar as barreiras arquitectónicas do edificio.

Con estes dous proxectos o Concello pretende completar a rede de centros cívicos que no período 2014-2017 alumbrou nove edificios: dous en Loureda, e un en Suevos, Lañas, Rañobre, Armentón, e Meicende cunha inversión global aproximada de 1`9 millóns de euros.