O día da árbore rende homenaxe ós 297 arteixáns nacidos en 2016

Información | Medio ambiente

Lucas, Noa, Daniela e Manuel son os nomes máis comúns entre os novos veciños

O Concello de Arteixo celebrou un ano máis o día da árbore cunha homenaxe ós nenos e nenas nacidos no municipio durante o pasado ano.

O departamento de medio ambiente congregou a numeorosas familias o pasado sábado 18 de marzo nun lugar preto da aula de natureza do Muiño Vello. Alí procederon á plantación de doce árbores. Cada un deles levará unha placa que recolle os nomes dos 297 nenos nacidos no concello no ano 2016.

Esta tradicional plantación do día da árbore remóntase ó ano 2003 e dende aquel ano se fixeron plantacións no Parque de Monticaño; área recreativa de O Seixedo e distintos puntos do paseo fluvial.