A primavera das artes enche de cultura os auditorios de Arteixo e Meicende

Cultura | Cultural | Información

A Concellería de cultura deseña unha oferta con máis de vinte propostas para os próximos meses

A Concellaría de Cultura e FF pretende que todo o mundo teña acceso aos distintos espectáculos, polo que a maioría serán de balde.

O programa "A primavera das artes" traerá por primeira vez a Arteixo á Orquestra Sinfónica de Galicia cunha proposta clásica, e ademáis haberá un concerto por un grupo moi seguido polos mais cativos.

A programación inclúe ademáis unha nova edición da Mostra de Teatro Afeccionado, con 2 grupos locais e 3 foráneos, contando como grupo invitado Os Quinquilláns; cine ou un ciclo de danza contemporánea co espectáculo “Latente” da tinerfeña Paula Quintana.

Tamén poderemos disfrutar dun espectáculo de hip-hop con workshops no CEIP San Xosé Obreiro para o alumnado de 5º e 6º, neoclásico, jazz, flamenco e ballet, así como tango contemporáneo. Completan a oferta as exposicións de artes creativas como a fotografía ou o “X Premio de Arte Gráfico Jesús Núñez da Deputación da Coruña” completan esta primeira edición do PrimART.

Podes consultar e descarregar aquí o programa completo.