Judo e patinaxe na axenda deportiva da fin de semana

Deportes | Deportes | Información

O pazo dos deportes acolle nesta fin de semana o Trofeo Xunta de Galicia de patinaxe e o campionato escolar de judo "xogade"

A Federación Galega de Judo, en colaboración có Judo Club Arteixo, organiza un ano máis en Arteixo, este evento encuadrado dentro do Programa Xogade da Secretaria Xeral para O Deporte, e que se dirixe ás categorías Prebenxamín, Benxamín, Alevín e Infantil. Será o domingo 19 de marzo de 10.00h a 13.30h

O Pazo dos deportes tamén será o escenario, o sábado 18, do trofeo de patinaxe que organiza o Club Patinaxe Fervello e a Federación Galega de Patinaxe. A competición diríxese aos patinadores e patinadoras de Primeira Categoría desde Benxamín a Senior. Será de 8.30h a 14.30h e de 15.30h a 20.45h. O clube Fervello acode a esta cita con quince deportistas.