Clases de ximnasia para todos nos parques biosaudables do concello

Deportes | Deportes | Información

Un monitor titulado será o encargado de dinamizar cada un destes espazos unha hora por semana, en función das demandas dos veciños

O programa, que comeza o 20 de marzo e se prolongará ata o mes de xuño, chegará ós parques biosaludables de Oseiro, Larín e Lañas.

Os obxectivos desta iniciativa do Servizo Municipal de Deportes son crear hábitos de vida saudables, concienciar sobre a necesidade da realización de exercicio físico de forma periódica e mellorar a condición física.