A biblioteca programa actividades para bebés e novas sesións de contacontos, obradoiros e teatro

Actividades | Biblioteca | Información

Caxoto, Iván, Chrystyan Magic, Marisa Irimia ou Xarope Tulú son algúns dos artistas que amenizarán as sesións dirixidas ós máis pequenos

A rede de bibliotecas de Arteixo programa, para os meses de febreiro e marzo, distintas sesións de contacontos para os pequenos lectores. A primeira cita será na Biblioteca de Meicende o 22 de febreiro próximo con "A falta de pan bos son contos" a cargo de Xarope Tulú.


ós contacontos, para nenos de 4 a dez anos, súmanse, nesta ocasión os obradoiros guiados por Iván de cómic para idades de 6 a 12 anos; e os xogos teatrais para rapazada de 4 a 8 anos.

Todas as actividades comezan ás 18.50 horas, agás as específicas dos obradoiros que serán ás 18.15 horas e previa inscrición. Pódese soliticar máis información nas distintas bibliotecas, no teléfono 981 659108 ou no correo electrónico biblioteca@arteixo.org.

Podes consultar toda a programación nos seguintes enlace.

  • Programa Contacontos ( pdf )

A biblioteca programa ademáis unha serie de contacontos para bebés. Trátase dunha actividade spara nens de 1 a 3 anos a cargo de Tótem Xestión. Serán os mércores na Biblioteca Central "Henrique Rabuñal" e os xoves na Biblioteca de Meicende "Antón Castro". Todas elas ás 18.50 horas, para mais información consultade nas bibilbiotecas, no teléfono 981 659108 ou no correo electrónico: biblioteca@arteixo.org.

  • Contacontos para bebés ( pdf )