O Concello busca a participación cidadá no futuro do municipio

Alcaldia | Información

O executivo traballa na elaboración dunha estratexia global, coa vista posta no ano 2020, que permita ter un modelo de municipio máis estructurado, con máis oportunidades e máis humanizado e respetuoso co medio ambiente

A iniciativa quere contar coas aportacións dos cidadáns que poderán facer chegar as súas suxestións, retos, aportacións ou inquedanzas para facilitar este planeamento á dirección de correo electrónico correo@arteixo.org, incluindo como asunto Arteixo_2020, o por fax: 981 602 417 - 981 601 912 o correo postal, incluíndo no apartado de asunto dirigido a "Arteixo_2020"

O proxecto, participativo e aberto, contempla actuacións que permitirán afrontar os problemas e se orientar cara a retos económicos, sociais, demográficos, ambientais ou de cambio climático; que permitan avanzar cara a un Arteixo máis sostible e integrado.

Unha das primeiras actuacións é a xestión do lixo para o que o Concello dispón en todos os centros sociais unha enquisa para que os veciños evalúen e den a súa opiniòn sobre este servizo e o que esperan do mesmo para o futuro

A enquisa, elaborada pola Concellería de Obras, cuestiona ós usuarios acerca da súa satisfacción co servizo actual, a eficacia do punto limpo, a periodicidade da recollida ou o grao de separación dos residuos. Tamén se incide no número de contedores necesario, o coste do recibo e a elaboración de compost.

Os veciños que o desexen poden cubrir a enquisa e a depositar nas furnas instaladas en cada un dos centros municipais do concello.