As praias de Arteixo terán 37 socorristas entre o 15 de xuño e o 14 de setembro

Información | Protección Civil

logotipo de Protección Civil

O Concello inicia o 29 de maio próximo a selección de aspirantes coas probas teóricas

Trinta e sete socorristas acuáticos, 4 técnicos en primeiros auxilios e 4 tripulantes de embarcación de rescate velarán pola seguridade dos bañistas nas praias de Arteixo entre o 15 de xuño e o 14 de setembro próximos.

A Asociación de Protección Civil de Arteixo inicia o proceso selectivo de persoal para o Servicio de Salvamento para a próxima temporada de praias.

As probas teóricas comezarán o 29 de maio próximo. As prácticas, consistirán na realización de probas de actitude física axeitadas para comprobar a existencia da capacidade necesaria para as funcións que van a desenvolver.

As solicitudes para tomar parte no proceso selectivo poderánse descargar nesta web e estarán a desposicion dos interesados nas dependencias de Protección Civil (parcela nº 24 do Polígono de Sabón. 15142 Arteixo) desde o día 1 de MAIO de 2014 e deberán ser entregadas novamente, debidamente cumprimentadas, no mesmo lugar, con anterioridade ao día 15 de MAIO de 2014.

Información: TLF. 981641414 (08:00 h. a 15:00 h.)